12.21.2006

Festa urxente na Casa Encantada

Hoxe (quinta feira - xoves) ás 21:00, festa na Casa Encantada. Polo visto toco eu e pon discos o García de Dios ke te Crew, aínda que non se descarta algunha sorpresa máis.


Vémonos alí. Saúde i anarquía

12.19.2006

O Leio, venres 22, 22:30, Adega do Pino, Betanzos

O Leio, ese meu irmán espurio, cantautor galego-portugués, toca na Adega do Pino de Betanzos venres ás 22:30.
Mirámonos alá, que eu tamén vou ver como se lambe.

12.14.2006

Venres 15, libraría andel (Vigo), 20:30

Pois preséntase o monográfico sobre Celso Emilio da Revista Arraianos en Vigo e alá imos montala, con xente de Voces Ceibes e co impresionante García, de Dios ke te Crew, que musicou dous textos de Celso Emilio con base de rap. Eu vou facer unha metamorfose en directo: de Estrellita Castro a C. E. en catro cancións, pasando polos Clash.

Vémonos aló, entón.

11.30.2006

Magosto dos CAF, Praza Campus Sur, xoves 30, 22:00

Pois hoxe facemos magosto (e xa van 5!) o Leio e mais eu, xunta Son do Ghalpón, na praza dos Colexios Maiores do Campus Sur da Universidade de Santiago, aí ás 22:00 h.


Outra volta, esquizoides perdido, facemos un de abreconcertos do outro. El, co seu repertorio de Voces Ceibes, Suso Vaamonde e o Zeca Afonso, e eu coa pukarrada performance de sempre.

Andamos xa metidos de cheo o Regueifeiro e mais eu na produción dese DVD en-liña en que se poderá contemplar paso a paso o proceso dexenerativo de degradación que levo ás costas dende hai oito aniños, a través dunha colección de doce vídeos de actuacións en directo, na tele e nos bares, nomeadamente o concerto do Malas Pécoras, do que meteremos 6 temas.

Xa sabedes, en breve n'A Regueifa Plataforma.

11.20.2006

Especial d'Apologhit

Pois velaquí a que montamos en Apologhit:
http://aregueifa.blogspot.com/2006/11/o-leo-i-arremecaghon-en-polo-ghit.html

O certo é que a montaxe das imaxes é un chisco, como diría, aleatoria, aínda que o son non está nada mal. Algún cacho sacaremos para Sigho (Vivo)!, ese DVD de libre descarga que xa está a cocer na cociña do Regueifeiro.

En breves.

11.16.2006

A Esmorga, Boiro, sábado 18, 00:00

Pois aló imos a Boiro. A última vez que estivemos foi tocando para os adolescentes na carpa da Cultura Circula. Desta volta vaise dar un desdobramento individuo-familiar moi esquizoide: o Leio, irmán espurio do mantedor deste blog, que fai versións da canción de autor galego-portuguesa, vai ser o abreconcertos do punki que vos escribe. Cantará o Zeca, Voces Ceibes e, como non, Compañeiro Daniel, deste home que, en pezas coma a amentada, non lle ten nada que envexar a Woodie Guthrie ou Bob Dylan:

Coma sempre, pois, vémonos alí, nunhas xornadas e concertos pola memoria histórica.

Saúde i anarquía

10.30.2006

Centro Social A Tiradoura 4 de novembro

Pois si, alí habemos estar a tocar. Un concerto que se cadra será xa presentación do novo disco. Xa falta pouco. A portada vaivos ser unha cousa así, pero moito máis sorprendente. A que xa pedides papas:


O da Tiradoura é en Cangas, sábado que vén, e digo eu que será aí pola noitiña, a partir das 22:30 ou así. Con todo, atentos á súa páxina: http://atiradoura.tk

Vémonos alá. Saúde e Anarquía.

10.23.2006

Non só de falta de bolos queda parado un blog

Pois si, malia o subtítulo deste blog, nunca pensei que algo máis ca a escaseza de cuchipandas me impedise actualizalo. Pero así foi. O choio, outros proxectos, etc. Cousas que moitas veces non deixan tempo para abrir nin o contrasinal de Blogger.


Así que imos facer unha listiña para nos pór ao día:
1. Gala de feche de Apologhit (que aínda non botaron e seguramente quede nun caixón porque disque é demasiado "friqui". E logo El Fary no Luar, ¿non?)
2. Celanova, no cabodano de Celso Emilio.
3. Garigolo, no monográfico de Celso Emilio da revista Arraianos, xunta o grandísimo García, de Dios ke te Crew, que musicou con bases de hip-hop xa dous poemas do celanovés.
4. No centro social A Formiga, na estrada de Redondela a Vigo, cun espectáculo novo de versións do Zeca Afonso e Voces Ceibes, como O Leio.
5. Na Centro Cultura do Castiñeiriño, tamén con temas do Zeca e Voces Ceibes, este sábado, aínda que suspendemos porque a chuvia disuadía un bastante e dos 35-50 de costume só viñeron 10. Queda para máis adiante ou para o Magosto, seica.
6. Konzerto de despedida de Puta Miseria.

E até aquí. A verdade é que me pon ben triste que PM se desfaga. Paseino quinindiola tocando con eles por aí adiante. Basicamente foron eles os que me sacaron da miña abulia para buscar concertos e tocar, cousa que non lles podo pagar.

Punk ou morte!

8.25.2006

Sala Mogay e Alto do Furriolo

Esta fin de semana, Arremecághona fai sesión dupla. Sábado 26 á noite, aí polas 22:00, na chantadina Sala Mogay, xunto con Violentos de Kelly. O ano pasado, no Amedo Rock, tamén por estas datas, diante de 25 persoas fixemos un dos mellores concertos da nosa historia. Bo sabor de boca, logo.


E o día seguinte, domingo 27, O Leo i Arremecághona!!! toca na apertura das I Xornadas sobre Represion, Solidariedade e Resistencia Antifranquista na Raia Seca , ao mediodía, no Alto do Furriolo, entre Xinzo e Celanova. Nun xantar popular de homenaxe e lembranza dos fusilados e represaliados do réxime franquista.


Saúde i anarquía.

7.31.2006

Tampouco non son tan raro...

Aquí vos vai unha selección dos meus ilustres cans verdes:

Pau Riba - Trans-pasar


Jonathan Richman - Little Dinosaur/The New Teller


Billy Bragg - A New England


The Moldy Peaches - Lucky Number Nine


Albert Pla - Añoro


Frank Zappa - Color Me Pop


Jeffrey Lewis - Roll Bus Roll


Matisyahu - King without a crown

7.13.2006

Faino ti mesm@

Pois iso, que como son punki, pois en vez de facer camisetas poño os modelos para que os descarguedes se vos presta e os levedes a dona camiseta ou á súa sogra:

PARTE DE DIANTE


PARTE DE TRAS

7.05.2006

Este venres-sexta feira 7 de xullo imos facer o Vagho ao Luar

Pois iso. Vinde, se queredes, alí a bailar pogo de arredor do colchón e a facer o signo da paz con caras de hippies.


Vémonos alí. Hai que estar no Plató 1000 (un chisco máis aló dos Tilos á man dereita) ás 17:00 se queredes participar no corpo de baile.

6.24.2006

Admitidos en A polo Ghit

A Polo Ghit xa admitiu a Cançión do Vagho. Podedes dar a vosa opinión e puntuala, así como ver o vídeo e escoitar e descargar o mp3, aquí



http://apologhit.vieiros.com/ficha.php?id_cancion=50902

No verán, a facer o Vagho.

Mirámonos.

6.21.2006

Cançión do vagho (Give Lazy a Chance)

Aquí vos vai o primeiro sinxelo dese novo disco, Aghomita, campión!, que vai ser ao revés: primeiro sacamos os sinxelos e logho recollémolos nun LP.


Esta performance foi obra d'O Leo, o Pifo (Yoko), o Ramiro (cámara), o Xan (cámara), o Rubio (timbal), o Xosé Carlos (coros), o Chiqui (coros), o Santi (coros), a Ana (coros), a Mari Carme (coros), a Xiana (coros), o Dani (coros), a Lara (apoio moral), a Sara (mediación coa policía) i Arremecághona!!!

E aquí está o tema en mp3:

6.13.2006

Malas Pécoras, xoves 15, 22:30, de balde

Pois si. Tentando aínda superar o malfario do Ambigú e dos pubs composteláns en xeral, vou tocar o xoves nese mítico local que é o Malas Pécoras (na praza que hai tirando costa arriba dende o Tarasca). E non só iso, senón que imos gravar os temas para o DVD en vivo de libre distribución baixo licenza Creative Commons (para publicar n'A Regueifa) Sigho (Vivo)! Así que virme ghuapos/as para saírdes na cámara, ^_^


E namais. Estamos tamén a piques de gravar unha cántigha para canción do verán, Apologhit, nunha cuchipanda quinindiola de muita xente e parodia riquiña e punki do bed in de Lennon e Yoko.

No Malas pasado mañá ás 22:30, logo.

Mirámonos alí

6.07.2006

Reedición de Suspiros de Kaña n'A Regueifa

Suspiros de Kaña, ese meu disquiño que chegou tarde de máis para ser vinilo e demasiado cedo para ser mp3, vén de ser reeditado polo Regueifeiro na primeira discográfica libre na Internet do país, A Regueifa Plataforma.


Doulle as grazas a este noso editor virtual por levar o noso traballo ó seu ser natural: a libre distribución en mp3. De feito, estas 12 cancións e pico levan todos estes anos sen a ¿protección?da SGAE, e tan campantes, e non é ata agora que se acollen á protección das Creative Commons.

E aproveito tamén para vos dar as grazas ós/ás meus/miñas outros/as editores/as, os/as que levades todo este tempo distribuíndome e reeditándome en TDK (o Peixe, o Nano e a Once, en Ghoián), en onda hertziana (Roi e Xosé Otero d'A Canteira de Radio ECCA, Kalimero), en CD (Xurxo de Caldebarcos, o meu verdadeiro e único mánager) e en tradición oral, de viva voz representando as miñas letras e músicas de borracheira, aedos o_léicos (que non homéricos) como o Bruxerismo, de Pontecesures ou o Guille, tamén de Ghoián, que nunca pensei merecer, e inluso mesmo se calhar aínda... ós/ás que algunha vez, aínda que for sen querer, cantaruxastes pola rúa un meu retrouso, ou debuxastes un sorriso mental con algunha das miñas tralladuras.

Pois iso, que... Sigho (Vivo)! ((a)proxima(da)mente).

Saúde i Anarquía

6.06.2006

Ás 6:06:06 PM do 6-6-06

Naçeu. El. Veu ao mundo. Non-nado-de-muller. Nado d'O Corte nas Inghles. O Leíño.

Axudado polos cíborgs -sampleados- non-vivos Arremecághona!!!, Ghumersinda Pérez Sánchez e Ghumersindo Sánchez Pérez, comadroa e comadrón (respectivamente), vén ao mundo.

CARTA ASTRAL
Ha facer rap en ghallegho de ghalleghos que cando van, van coma rosas; cando vén, vén como neghros. Así que medre. Dentro dunha bolsa d'O Corte nas Inglés, O Leíño i Arremecághona!!! Véndese.


Xa está aquí. Seghiremos informando....

GHALIÇIA ÇEIBE, PODER DE SATÁN!


GHALIÇIA ÇEIBE, PODER DE SATÁN!


Saúde i Anarquía

5.30.2006

Suspendido o bolo do venres 2 no Ambigú

Pois, si, seguindo co meu gafe hostaleiro compostelán -no Cachán chovían caldeiros que logo se filtraban polo teito e case se suspende-, suspéndese a do Ambigú, porque despois do feche preventivo de hai un par de semanas, non está o forno para bolos.
Estamos buscando local, en que ademais se vai presentar algo moi especial e no que se vai gravar tamén parte do próximo traballo d'O Leo i Arremecághona!!! Mentres tanto, aí vos vai isto en que salo falando dun letrista caralludo. Mirámonos

5.18.2006

A Cultura Circula, Boiro, e Muiñada de Altofalante, Ribeira

E mañán, venres-sexta feira, ás 13:00, sesión vermú c'O Leo i Arremecághona n'A Cultura Circula en Boiro, no Paseo da Praia Xardín.


E pasado mañán, sábado, na Muiñada da Asociación Altofalante de Ribeira, ás 17:00, nos muíños de Vixán, parroquia de Carreira, concello de Ribeira.

Mirámonos alá!

Autocrítica do Concerto pola Lingua e Vídeo de Nin mú

Pois xa foi, o IV Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, na véspera das Letras 06. Alí estivemos e así o viu o Regueifeiro:


A crítica
É de çerto rapás de Ponteçesures (que vou manter no anonimato por se non quer saír aquí), un dos meus (autoproclamado) máis ghrandes fans. E créollo ben, porque sabe todos os temas de memoria e na conversa que tivemos despois deume a clave do que carallo levo facendo todos estes anos:
- Todo o mundo se ri de min porque digho parvadas, e ti dis as mismas parvadas enriba dun esçenario, porque todos andan coa normativa para aquí e para alá, pero sólo ti defendes o Kastrapo Paghuer! Eu quero que entendan o que dis e que non sólo se rían do traxe que levas posto, así que xa sei que é difíçil pero tes que evoluçionar un chisco. Se saíses, por ejemplo, sen traxe, vestido normal, xa sería algho novo.
Ten toda a puta razón do mundo, e levo dous días dándolle voltas a isto e xa teño na cabeça o que vou façer a partir do vran. Unha pista:

Ghaliça Çeibe,
poder de Satán!!!

Incidencias
Probei durante case 40 min., e todo a punto, impresionante. Comprei un cable dos pequenos de pedal a pedal para evitar a lea de cables, e cando subo, paff, non soa. Dous minutos de anghustia e tiven que renunciar aos currados efectos de son -simulador de baixo e todo- que fai o Beringher que teño e á ghitarra clásica, que enriqueçe as baladas. Ou sexa, conçerto punkarra pola força outra ves. Pero que mal leiro coa tecnologhía, mi má!

A miña sensación
A pesar do xardín técnico de cables en que me metín nada máis empeçar, o conçerto arrincou con moita força, moi arriba. Mantívose así ata a apariçión estelar do convidado-espontáneo na Cançión do Vagho, e a partir dese tema, a cousa, coa axuda das baladas, ralentizouse e houbo que meter tralla coa versión dos Rollings, Non teño un can no peto, e a Maruxa para levantar o choio, que xa nunca acadou o nivel de intensidade do comezo.

Saúde i anarquía

5.15.2006

IV Concerto pola Lingua

Mañá, 16 de maio, arredor das sete da tarde, comeza o IV Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, no paseo central da Alameda de Compostela. Alí hei de estar eu. O concerto vaise gravar, co que haberá en breves por aquí mp3 (emepegues) fresquiños en directo, con algunha das pezas que toco e que inda están inéditas.

O cartel é:
Noise Project (Valga)
Brazukas (Brasil)
O Leo i Arremecághona!!! (Matamá)
Redullos (Compostela)
The homens (Compostela)
Loretta Martín (Compostela)

Tamén andamos en conversas para reeditar (virtualmente) Suspiros de Kaña, naturalmente con outro selo. Xa informaremos.

Mirámonos alá.

5.11.2006

Suspiros de Kaña. Vídeo

Este é o primeiro rexistro televisivo d'O Leo i Arremecághona!!!, no Que Serán!, un programa do Centro Territorial da TVE en Galicia que dirixía aló por 2000 Xosé Manuel Pereiro. Era un dos poucos redutos que lle quedaba ao rock en galego naqueles días de crise da explosión dos 90. Agora estase a vivir outra explosión que pide cámaras, luz e taquígrafos. Agardemos que non falten.


Eu sempre lembro esta actuación coma unha pedrada, igual ca a gravación do disco. Ningún deles acaba de dar unha idea de como é o directo, pero o audiovisual, que dúbida cabe, achégaselle máis.

Hai outra sorpresa destas para o día das letras.

Aquí tendes a letra e a música desta peza, Suspiros de Kaña.

Ghoçádeo!

5.01.2006

Rock do Mosteiro

O día 6 do mes que entra, maio, toco no festival Rock do Mosteiro de Oia, xunto cunha selección ben xeitosa de bandas punks do sur e centro de Galiza:

O tema comeza ás 19:00 h, pois, do sábado que vén. Nunca toquei en Oia, a pesar de me coller ben preto da casa matriz, e este é un festival caralludo para empezar. O concerto vai ser ao pé do mosteiro cisterciense de Oia, que é unico en Europa. Fronte ao mar.
Se o tempo que me deixen dá para iso, estrearei a miña versión bilingüe-harmonica do Should I Stay dos Clash, que o outro día no Ambigú non puido ser. Lémbrovos que quedou para o venres/sexta feira, día 2 de xuño.

Vémonos alí (en Oia e/ou no Ambigú).

4.24.2006

Adiada a do Ambigú até o 2 de xuño (venres)

Pois nada, meus e miñas. Que o concerto do Ambigú se adiou porque a noite antes (concerto de The Homens+Green Machine) a picoleta apareceu por alí, e como era o único concerto que fora acordado co mes xa empezado non foi tramitado a través da asociación de locais a que pertence o pub, e polo tanto non dispuña de licenza.
Así a todo, ben me vos gustaría que os azuis de Compos Street estivesen igual de atentos cando me desen o pau.
Saúde i anarquía, máis ca nunca.
E até o venres 2 de xuño, vémonos alí.

P.D.: Desculpade os/as que fostes ata alí. Souben do choio esa noite e non puiden avisar antes. Unha aperta para vós.

4.18.2006

Pub Ambigú, sábado 22, 22:00 h, 3 €

Este sábado 22 de abril toco no pub Ambigú de Compostela (si ese en que acabas ás 5 da mañá, antesala da pirdisión do Maycar), na praza de san Miguel (fronte á igrexa de San Martiño Pinario). É ás 10 da noite e a entrada custa 3 euros.

Vou presentar o sitio web este e mais varias cançións inéditas que van saír proximamente nun disco de descarga de balde que se vai chamar AGHOMITA, CAMPIÓN! (COMO SER PUNKI NA GALIZA). AS MILLORES E AS PIORES CÁNTIGHAS D'O LEO I ARREMECÁGHONA!!!
Ademais vou faser unha versión en ghallegho de tema dubitativo tan ghallegho dos Clash: Should I Stay or Shoul I go, en galego, Non sei se quede ou se marche. Tamén haberá alghunha sorpresinha en relaçao coa efeméride da Revolução dos Cravos.
Vémonos alí.

3.27.2006

Autocrítica Cachán

Aquí tamos outra ves, autocriticándonos. Hoxe dedicado a Suellen, que di que son demasiado autocrítico e "que mestará leyendo";-). O xoves-quinta toquei na Cachán cando Santiago estaba ao bordo do estado de excepción polo temporal. Así a todo alí se presentaron sobre 40 (datos do sindicato) ou 30 (datos da polisía) colegas e colegas de colegas que apoiaron este punki en tan asversas sircunstansias (o ese non é seseo é para reproducir o son ambiente: ághua).


A crítica
mariademallou, en senllos comentarios:

En casatlantica.blogspot.com
TXARI dijo...
pena de nom poder ir, mais jâ o vin en dous directos fortíssimoss!! quem poida que desfrute e vaia (ou viseversa)
2:53 PM
mariademallou dijo...
un conserto mui divertido....habíache ghustar!
1:36 PM

En haicu.blogspot.com
mariademallou dijo...
un consertaso, leo, quedamos encantados!!!!!
12:55 AM

A lista de temas
Suspiros de Kaña
intro
A maldiçión dos Ghusanitos
a vida é unha muiñeira
Kastrapo Paghuer!
Cançión do Vagho
Kero Aghobiarte
Koito Ergho Sum!
Maruxa
nin mú

Incidencias
Estreei un equipo de voces, pero vendéronme un cable que non era para conectar a mesa á caixa e tiven que atravesar Santiago baixo o dioivo ata a Nasa para traer ó Xurxo e que puxese a andar aquilo QUINCE MINUTOS ANTES (a saída cara á Nasa, non poñer a andar o choio).

A miña sensación
Os problemas técnicos (vid. supra) puxéronme ao bordo do infarto, houbo cuestións de ritmo que hai que pulir, condicionadas ás veces polo tema técnico, pero aínda saíron algunhas coñitas e foi divertido ao final. O público estivo inmenso. Respectuoso e entregado. Unha pasada de riquiños/as. Con mención especial ao bautizado por Candorca "Punset", responsable da metade das frases do espectáculo.

A próxima, ou no concerto pola lingua ou se cadra no Ambigú, este mes que entra, que andamos en neghosios.

Saúde i anarquía

3.20.2006

Pub Cachán e A Guarda

O leo i arremecághona!!! volve aos bares de Compostela, de onde nunca saíu/debeu saír, cun concerto no Cachán, rúa dos Loureiros, 16 (tras da Bodeguilla de San Roque), a que vai do Convento de Santa Clara á rúa do Hospitalillo (Pub A velas vir). Será este xoves 23 do marzal ás 22:30. Entrada libre.


Vai presentar o que é esta páxina web que tedes diante, xunto con cancións novas, que inda están sen gravar, e as vellas van soar un chisquiño millor grazas a un tal Behringer.

E o 25, sábado, na Guarda, xunto cos xa colegas da alma Puta Miseria, nun sitio e hora que determinaremos e publicaremos aquí en breve.

Vémonos alí!

Suspiros de Kaña

1. Suspiros de kaña
2. intro
3. A maldiçión dos ghusanitos
4. Kastrapo paghuer!
5. Tripádeme as tripas!
6. Muiñeiras's" ghueioflaif!
7. Trepa-naçión!
8. P.P. (Pesadelo Popular)
9. nin mú!
10. Koito, ergho sum!
11. Maruxa
12. Al(gh)ien
FINE. Isto é Ghaliçia

TREPA-NAÇIÓN!

trepa trepa ó trono o truco
está en troca-lo traxe o truco
éche atrapa-la trampa o truco
doutro ilustre trepa intruso
e tripa trepa as tristes tripas
trituradas dos traballa
-dores tralla i que a metralla
trone sobre eses traidores
trepa atrápame o truco
i entra a traiçión
trilla o traçado
i fai de tripas coraçón
trepa atrápame o truco
desta naçión
trepa atrapa o almendruco
desta naçión de trepas
naçión trepa-naçión
dos tripa-naçións!

e si o trato se che atranca
trépate a unha ilustre tranca
traballando no retrete
o trato saca-mete-saca
i traca atraca toma i daca
la treta entró i aí está el truco
es tuyo i tra-lo trinque o troco
i desta veç non vas ó trullo i

ISTO É GHALIÇIA

isto é ghaliçia
chove sobre aliçia
a veçes tamén chove sobre min
isto é ghaliçia
pillo unha estrella ghaliçia
e véñome a bebela xunto a ti
isto é ghaliçia
e non temos miliçia
pero temos mili pra servir
a unha terra estraña
que alghúns chaman españa
i outros chaman simplemente madrí

isto é ghaliçia
chove na Parisia
chove sobre o ghrande i o pimpín
isto é ghaliçia
pillo unha estrella ghaliçia
e paso de coller ninkún fusil
inda
que isto é ghaliçia
e non temos miliçia
pro teñamos mili pra servir
mira ti
a esa terra estraña
que os máis chaman españa
e nós chamamos simplemente madrí
ponghamos que hablo de ti
si

AL(GH)IEN!

convaleçiente no sofá
de casa de papaimamá
sacando pelos dunha perna
i colocándoos na outra perna
criando almorranas i variçes
cun enchufe nas nariçes
chupando o suero intravenoso
de ana kiro e de ghayoso
o televexo fixo plufxs!
coma se fose o canal plufxs!
i deu unha psicofonía
ás doçe e deç do mediodía
i unha presençia extraordinaria
entroume pola pituitaria
apoderouse do meu ser
i o meu cuarto de estar
e díxome:
eu son un al(gh)ien

e logho cando dispois xa
volveu todo á normalidá
metín o meñique no ouvido
i saquei un tapón de çera dun quilo
i a reminisçencia platónica
inda que estaba un algho afónica
bisbiseoume quén era eu:
un al(gh)ieníghena do çeu
calei quediño co pecado
asubiei mirando pró outro lado
consçiente da miña misión
de ente contente da invasión
dos al(gh)ieníghenas de incógnito
contra o imperialismo do vómito
e fun confundirme entre os meu conxéneres
que non sospeitan que nos meu xenes
eu son un al(gh)ien

o.d. in alphabet rural
anarchy in ghaliçia
ghaliçia is calling
you
may day
this is the beginning
of the final countdown
and i say

maría...
pepe...
chus...
juan...

çero

MARUXA

no medio e medio da noite
maruxa ten un carreiro
ten un carreiro de estrelas
para o meu carro de vento

e abre esas pernas maruxa
ábremas que veño çegho
abre esas pernas maruxa
ábreme as portas do çeo

no medio e medio da ialma
maruxa ten un carreiro
ten un carreiro de bághoas
para os meus ollos de çegho

e no medio e medio das pernas
maruxa ten un carreiro
(socorro unha çódiac!)
ten un carreiro morniño
de escorreghantes desexos

ai qué fas con esa blusa
ai qué fas con esas saias
maruxa non quíte-lo sostén
maruxa volve a poñe-las braghas
maruxa non
que sólo era unha cançión
tes que aprende-la diferençia
entre realidá e ficçión
maruxa non
que non é sábado e non
pasei pola farmaçia

a compra-lo tauritón
maruxa non

maruxa...

KOITO ERGHO SUM!

cheo de pensar
cheo de rompe-la cabeça
qué fun quén son qué serei
dónde hostia acabo e ónde empeça
a nada a nomearse EU
o infindo a reencarnarse en ELA
se hei ser madeira de deus
de home ou nada máis que merda
no çeu
final
da terra

eu home sen patria-estado
e con naçión a medias
enterrar
sin dios nin amo
hasta que me mereça a pena
claudicar
de ser humano
e disfraçarme de poeta:
"o leo conghunto vaçío
sin sustançia e sin esençia"
pienso
luegho llegho
a la raçón de mi existençia:
koito
ergho sum
co coito eu moito disfroito
o coito é moito tú
pirola cona teta cu
alfa i omegha
a e i o u-"o
carallo morreu onte
os collóns están de luto
abre esas pernas maría
i enterrémo-lo difunto
"abre esas nalghas ai josé
i démoslle terra xa de veç
abride o voso abride o meu
abrídeme as portas do çeu
do noso
koito
ergho sum
co koito eu moito disfroito
o koito é moito tú
pirolas conas tetas cus
alfa i omegha
a e i o u-o
koito
ergho
fun
chim
pum

nin mú!

sácame as tripas pouco a pouco
pola boca ou polo cu
ou pola barrigha coma a un porco
os espiñaços quentes crus
que inda hei dar boas chouriças
prós choriços do teu clu
prometo non chistar nin migha
xuro non diçir nin mú
prometo non chistar nin migha
xuro non diçir nin

beeeeeeé!!!
"veeéxo

vigho vexo canghas
tamén vexo redondela
"vexo os teus collóns de facha
colghados da berenguela!!!

PP (Pesadelo Popular)

"atención relagháidevos
estaides entrando en el sueño
vos pesan la cabeça
los párpados e mais las tetas
o los ghüevos"

saltaban a millóns
dos carteles publiçitarios
saltaban dos mecheros
camisetas calendarios
salíanse dos pins
i levantaban o vuelo
caghaban sobre min
caghaban sobre o meu abuelo
enchían de bostas
o interior i as costas
limpiaban o cu co diñeiro
de empresarios i banqueiros

a invasión das ghaviotas
xa cheghou ás nosas costas
redençión!
da infecçión!
treide aghua!
i xabón

levaban polo mundo
a súa inmensa cagharría
caghaban pola xente
a xente ençima se reía
feliçes polo esturro
feliçes entre a broça
colghaban nas escuelas
un retrato da ghaviota
i eramos ghaliçia
o çentro da inmundiçia
entraban a çentos
polo parlamento adentro

ghaliçia ocupada
polos novos alieníghenas
quedaba sin ghalleghos
quedaba sen indíghenas
eramos escravos
do planeta demoscopia
estabamos perdidos
estabamos na inopia
i eu non aghuantaba
entre tanta caghada
íbaseme o coraçón
i caín do colchón
berrando non!
á invasión das ghaviotas
que xa cheghara ás nosas costas
redençión!
da infecçión!
treide aghua!
i xabón
foi entón
dixen non
ghritei non!

i despertei

"tódolos personaghes
i situaçiones refleghados
en esta cançión son
enteramente fictiçios
cualquier pareçido
con la realidad es pura
conçiençia de clase"

MUIÑEIRA'S WAY OF LIFE!

"a vida é unha muiñeira
ai lalelo ai lalalo
de luç y de color
e todos nesta muiñeira
ai lalelo ai lalalo
imos de punta ou de tacón
llíghighi! chimpirinchín!"

ai lalalelo ai lalalá
escomeçémo-la pandeirada
escomençémo-lo baile xa
axudaime que desta gharghanta
eu sólo non me podo axudar
que desta miña gharghantiña
salte o aturuxo da verdá
de manoeliño e maruxiña
de manoel e maruxá
que eu ben chorar chorar chorei
pero aghora xa me fartei
de ve-los séculos xirar
na mesma roda ai a beillar beillar beillar
que isto é o muiñeira's ghüeioflaif!

démoslle outra voltiña máis
á noria-historia extra-ofiçial
á intrahistoria dos nosos pais
que non sale nos manuais
démoslle outra voltiña máis
da cona á cova e volta atrás
turbo-tacón-punta-tacón
no cu na cona e nos collóns
retorno eterno ó inferno humán
do noroeste peninsular
manoeliño e maruxá
deprendendo a beillar beillar beillar

ímoslle dá-la despedida
i a despedida lle imos dar
adiós á terra prometida
que para a tumba hai que emighrar
para unha tumba colectiva
cun epitafio en castelán:
"manuelito i marujita
descansen para siempre en paç
beillaron siempre mui arrente
uno del otro hasta el final
el conoçido comunmente
como 'baile del molinera's way of life'"

TRIPÁDEME AS TRIPAS!

teño un problema estomacal
as tripas non me fan ighual
cás dos demais que diçen ghroar!
con un reghusto de hard-core
non sei si é por comer cachelos
ou çenar lacón con ghrelos
ouh non!
si eu sempre fun home de lei
mamaíña dime por qué
as miñas tripas falan o ghallegho
e por máis que eu fagha
por máis que eu arrenegho
i lles respondo:"ai don espik inghlís"
as condenadas
non paran de pedir:
"arroç con chícharos!
patacas novas!
repolos de betanços
e mais çebolas!"

cando me poño a lighar
e a raparigha a punto está
en canto baixo os pantalóns
sacan un tema de conversaçión
e como teñen tanta labia
a raparigha ponse en babia
ouh non!
se virghen hei permañeçer
mamaíña dime por qué

-ghaliçia çeibe!
-hostia!!!
-poder popular!
-mecaghoindiós!!!
-en ghaliçia en ghallegho!
-ghaliçia non é españa!

e cando me poño a caghar
e no momento máis cruçial
preghúntanme sin compasión
quén son de ónde veño i ónde vou
con semeghante moghollón
sempre perdo a conçentraçión
ouh non!
si de estreñido hei morrer
mamaíña dime por qué

KASTRAPO PAGHUER!

a normativa-lavativa
que nos queren endiñar
non me dá ghusto non me entra
pola cavidade anal
anal-izando estas cuestións
non me sale dos collóns
que me reghulen que me dighan
cómo teño que falar
que si me poño a falar
o galego-castelán
pra me entender coa burrocraçia
coa escoria funçionarial
non me entendan xa na casa
non me atendan xa no bar
vaia merda de política linghüística que hai
por iso digho non
e inçito á rebelión
do kastrapo paghuer!
anarchy in ghaliçia!

o do reinteghraçionismo non estaría nada mal
pola cousa do turismo
na raia do portughal
cómo iban a ghoçar miña abuela e miña nai
reghateando catro escudos
falando na linghua mâe
falando da linghua nai
qué lle imos a façer
si eu naçín ghallegho e non
castelán ou portughés
viva españa terra estraña
e portughal independiente
pro ghaliçia non é o mismo
que ghaliçia é diferente

i ó kastrapo que me fixo
ó kastrapo que me dou
unha historia emighratoria
de ostraçismo e represión
ó kastrapo eu me entregho
soi de vigho i no lo niegho
en kastrapo estou no mundo
en kastrapo son ghallegho
o kastrapo é a anarquía
que practica a miña tía
miña nai e miña abuela
e toda a miña parentela
o kastrapo vexo en vigho
vexo en canghas redondela
e na ponte de sampaio camiño da miña terra

...e por iso digho non
cantando esta cançión
do kastrapo paghuer...

A MALDIÇIÓN DOS GHUSANITOS

custaba un duro cada bolsa
desfaçíanse na ghorxa
eran tan inofensivos
baixo dos meus inçisivos
no recreo alá na escola
poñiámonos á cola
pra mercarlles ós de octavo
ghusanitos por un chavo
i non quería nada máis
nin pipas nin corteças
nin ghomas de mascar
aquilo tiña algho espeçial
o morbo a novedá
cos que me ía atrapar

a maldiçión dos ghusanitos
non vou poder soportar
a maldiçión dos ghusanitos
si eu sólo quería vivir
e rir
e xogharratatatatatatatatatatatatá!

cando xa fun moço feito
tomei a cuestión a peito
convertinme nun autista
con pruritos existençialistas
era un tenro adolesçente
preocupado pola miña mente
escribía poesías
que non entendía nin a miña tía
i non quería nada máis
nin moças nin amighos
nin ir ós disco-pubs
obsesionado por pensar
buscarlle soluçión
ó cristo existencial
da......e cantarlalalalalalalalalalalalalá!

e aghora deume por botar no lixo
a españa ó mundo ó papa que me fixo
i aghora deume por tocar nos bares
a ver si cae alghún cubata ghratis
topei a vocación que sempre tiven
polo hedonismo polo carpe diem
paso os meus días entreghado ó viçio
ó sexo ás birras i ó naçionalismo
i xa non quero nada máis
que disfrutar de todo
sin deixar nada atrás
beber foder i conversar
a min todo me sirve
con tal de despistar
a......e ghoçarñacañacañacañacañacañacañá!

intro

Por que ghuardas tus verghuenças
si todos somos humanos
mejor muéstralas
no te las roben
antes luegho
los ghusanos...

SUSPIROS DE KAÑA

Quiso dios por su poder
fundirnos na miseria no no-
roeste do estado español
y al cumplir
su voluntad
nun recuncho desa españa naçín
como unha rosa nun pedreghal
tierra gloriosa de mi querer
tierra bendita de mi pasión
ghaliçia en cada rosa que tes
suspira un coraçón chim pon
ai de mí
pena mortal
por qué me ataches españa a ti
por qué non deixas çeibe o meu lar
quiero yo
volver a ser
ghallegho daquel reino europeu
feito rexión por vontade de deus
ai madre mía
ai quién pudiera
mirar ghaliçia independiente i anarquista
sin españa renaçer
mis pensamientos
han revestío
el firmamento
de versos míos
i sobre españacomo orballo radioactivo
deixoos caer
y en mi corazón
españa te miro
i hanche botar del as miñas cançións
suspiros de kaña

2.19.2006

Manías de punki

Por pedimento da Lúa, posteo as miñas manías de punki, é dicir, as que teño relacionadas co feito de tocar:

1. O último que poño antes de saír á escena é a rosa na orella esquerda.
2. Nunca afino a guitarra con afinador (nótase, non si?)
3. Fago, como muito, un set de 12 temas, só por non ter que chegar aos 13.
4. Pinto os beizos tamén xusto antes de saír, cousa que me suxeriu tamén a Lúa.
5. Levo un palé de obra no maleteiro porque sempre preciso un escenario, así sexa cutre, por non tocar a ras do chan.

E misión cumprida, hai máis pero aghora non me vos acordan.

Saúde.

2.10.2006

Bar Liceum, Porriño. Penúltima función de Vendetta

Pois iso, que esta é a penúltima ocasión para verdes esta obra punki que montamos.


O reparto:
Anabell Gago
Chiqui Pereira
Dillei Anámnesis
Paula Carballeira
e Leo Fernández, eue

O tema é no Bar Liceum do Porriño hoxe, venres, ás 23:00.

Vémonos!

1.24.2006

Afoto que mola

Póñovos unha afoto do concurso de monólogos deste curso. O resto están aquí.

A ver se a dou posto de cabeceira ou así.
Por certo. En breve concerto d'O Leo en Compostela. Ademais estou a preparar novo disco.
Saúde e anarquía.