12.19.2005

Pub A Esmorga, Vigo

Con Berrobambán, en Vendetta, este mércores 21 ás 21:30 no pub A Esmorga de Vigo, preto do Estadio de Balaídos, nunha das que soben.


Recuncamos neste café-pub, onde estivemos haberá tres meses, nunha actuación en que se encheu e houbo moi bo ambiente.

Vémonos

12.15.2005

Afoto do Maghosto

Acaba de nos chegar unha foto orixinal do Magosto do Foro da Mocidade, posteada en http://derdeiqui.blogspot.com


A Píntega évos unha fotógrafa ben boa, ou cando menos precisa. Xa ela di que a foto está un chisco escura, pero é que me colleu xusto nese momento cumio en que saco a ligha coa bandeira de españa segundo miña nai: coas cores do rivés.

Creo que vou inaugurar unha sección fetiche: fotos da ligha, dos pendentes, da camiseta do club de fans de Punkxón (nova versión do topónimo), etc. Moi kitch.

En breve, as letras dos temas. Estou a piques de subilas.

Ah, por certo. O concerto de Amil foi pó carallo (para o lego, que diría o meu compañeiro de piso, o Rubio). A comisión da asociación censurou o espectáculo. Así a todo, graciñas á Fátima, que aínda se moveu polo tema, ata que os tales lle tocaron os ovarios.

Saúde e anarquía.

12.09.2005

Auto-crítica Xolda, Pontevedra.

O sábado pasado, día 3 de nadal, toquei cos Puta Miseria no pub Xolda de Pontevedra. Á espera das afotos, só podo meter aquí a única que aparece no Google por ese nome.


A crítica
Desta volta non é verbal, senón de memoria, parafraseada do que a fixo, o dono do local:
"Tío, como molou. O teu espectáculo é ideal para a nosa festa nudista do 31 de xaneiro".

Eu quedeivos a cuadros pero díxenlle que si (os Puta teñen reparos polo tamaño das pichas -das súas, por suposto-; eu vou sobrado).

A lista de temas
Suspiros de kaña
A maldiçión dos ghusanitos
a vida é unha muiñeira
Kastrapo Paghuer!
Cançión do vagho
Kero aghobiarte
Koito, ergho sum!
Maruxa
Nin mú
nin un can
Isto é Ghaliçia
Al(gh)ien

A miña sensación
Ao primeiro había pouca xente, porque non querían pagar os 3 euros da entrada. Contra o final do meu rollo e o principio do dos Puta, a sala encheuse. A min gustoume porque saíu unha variedade de concerto íntimo, onde o peso o levan máis as palabras ca o arruído que só se pode conseguir nun ambiente así.

As incidencias
Ao primeiro pensei que ía ser un rollo coma cando toquei cos Ratos de Porao, que os seus fans case me atacan. Vin un tipo todo tatuado que metía respeto. Logo o dono contoume que ¡era un fan meu! Díxolle que molaba e que o meu era para non perdelo e ¡sabía as letras todas! Logo cocémonos como de costume, encartamos o material e pa casa. Iamos saír de rachí o Costas dos Puta e mais eu por Vigo pero a cama foi máis forte. Para o 31 de xaneiro será.

A anterior (e a próxima)
Estiven onte con Berrobambán en Ortigueira, pero non tiven tempo de postalo.
A seguinte do Arremecághona é o 30 de nadal en Amil, preto de Pontevedra, no centro social, aí pola noitiña.
De Berrobambán e Vigo, o 21, no pub Esmorga, preto de Balaídos, aí polas 21:00.

Saúde e anarquía

12.01.2005

Auto-crítica Monólogos Monolingües

Xa foi. Volvín facer o tolo diante da plana maior da USC. Iso é o que pensará moita xente. Eu creo que intentei dicir algo con modais de tolo, coma sempre. As dúas oracións son correctas, é máis, significan exactamente o mesmo.

A crítica
É do Pitiño, n'O Pitiño: http://e150d.blogspot.com
Amenizou o acto coa súa música o gran cañautor Leo i arremecághona, aínda que a canción non era das que máis me gustan del; son textos intelixentes que merecen ser oídos, descargados e difundidos (poden facelo desde o seu blog/blogue/blo).


O tema
Tripádeme as tripas!

A miña sensación
Faltoulle ensaio á versión nova (a que cantei) de Tripádeme as tripas!, porque antes ía toda con distorsión.
O lado positivo é que toleei mogollón e moloume mazo o momentazo de sacar o micro por dentro da manga dereita do traxe, unha vez sen el, para berrar o último NON.

Incidencias
Logo uns mencías co Rubio e a Sara e lo pra a casa comer zorza os tres e falarmos do ghato que chegha hox e que ten á Sara toliña.
Aaaahhh! E tamén tuven unha conversa quinindiola con Outeiriño sobre tradución. Impressing

A próxima
Ata a seguinte (este sábado no Xolda de Pontevedra ás 23:00, cos Puta Miseria).

Saúde e Anarquía

11.28.2005

Monólogos Monolingües

Na Aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais este mércores, día 30, ás 20:15 horas o leo i arremecághona!!! vaille botar unha peziña, como descendente (ou ascendente) do fulano que quedou segundo o ano pasado, con Kastrapo Paghuer!, este:


O concursos de monólogos monolingües Move o Bico. Vennos con contos é unhas das iniciativas normalizadoras máis interesantes e intelixentes, na miña opinión, da Universidade de Compostela, grazas á CNL de Económicas e, especialmente, a Ana Gigirei, que traballa un mundo cada ano para que a edición saia a diante.

Os cantautores somos os monologuistas de entre os músicos.

Vou facer unha cousa rara (que raro).

Vémonos alí.

Saúde e anarquía.

11.24.2005

Centro Cívico O Graxal. Cambre

O leo i arremecághona!!! ponlle a música (xunto con dj Anámnesis) a Vendetta, de Berrobambán.


Hai función o venres 25 (mañá) en Cambre, no Centro Cívico O Graxal. Ás 20:30

11.21.2005

Auto-crítica Magosto do Foro

Ben, pois xa foi. Xa van alá dous días e dá para centrar as cousas. Prometo subir as fotos a unha galería, pero é que aínda non as teño. Vaia este adianto (deste vran, no Entrimo):


A lista de temas
Suspiros de Kaña
intro
A maldiçión dos Ghusanitos
a vida é unha muiñeira
Kastrapo Paghuer!
Tripádeme as tripas!
Cançión do Vagho
Kero Aghobiarte
Koito Ergho Sum!
Maruxa
nin un can
nin mú
Isto é Ghaliçia!
Al(gh)ien

A miña sensación:
Foi algo duro xuntar un grupo de xente que atendese, máis ou menos un par de temas, ata Kastrapo Paghuer!!! Isto é típico nos concertos ao aire libre. A partir de aí a cousa enganchou tela e foi bastante rodada. Paseino moi ben, outra vez, cantando
Kero Aghobiarte, a inédita canción de amor das vodas de prata de Ghumersindo e Ghumersinda. A traca final tamén foi para min moi divertida e por intres intensa: nin un can, nin mú, Isto é Ghaliçia e Al(gh)ien.
Fallou, coma sempre, por veces a afinación, tanto da ghitarra coma da vos. [É darlle un par de hostiasos e xa se desafina, tu!]

A crítica:
É de Contra, en Todonada.com

doy fe de que hay que verle

es una rock star, y de esas no hay muchas

Comentario por contra — Novembro 21, 2005 @ 4:26 pm


Admiro moito ao Contra como crítico musical (Enfermedades Modernas). Vós tamén podedes: esa era unha das ideas fundacionais deste blog. Deixai comentarios!

Incidencias:
Acto seguido maceime duramente a licor K e mais maría huena do meu compi piso e procedencias diversas, o que provocou que non lembrase que estiven no Tarasca e... e... Vale, nalgún outro sitio. Chamoume ao rematar o Álex da Guarda para me contratar alcoholicamente para o próximo Amedo Rock (Chantada) 2006 [o de 2005 foi, diante de 20 persoas, un dos mellores concertos da miña vida] e aproveitei para lle dar este enderezo. Practiquei a exaltación da amizade con (m)alicia -outra volta- e boteime nos brazos da miña Lúa Neghra a nadar ao somorgullo ao final da noite.

A próxima:
Hai un en Pontevedra, o 3 de decembro, e outro contra mediados de decembro en Amil, preto de Pontevedra tamén. Xa avisarei. Vémonos.

Saúde e anarquía

11.18.2005

Magosto do Foro 2005

Agora si. Datos definitivos para a cuchipanda de hoxe:

Actuamos:
Brazukas (música brasileira)
Mestre Faíscas (exhibición de capoeira)
O leo i arremecághona!!! (kañautor)

Data:
18 de novembro de 2005 (hoxe)

Hora:
21:30 (apertura de portas)

Sitio:
Praza dos Bombeiros ou do Irmán Gómez (Santiago D.C.)

Aghradeçementos:
Todonada
Compostela Cultura
Antípodas. Radio Fene

Kaptatio Benevolentiae:
Xa ensaiei pero, coma sempre, non se vai notar.
Tou acoghonado pirdido pero é parte da vertixe.
Ai, mimá, diormí, ghasús!

11.13.2005

Magosto do Foro da Mocidade

Este venres (sexta) 18 ás 22:00 na praza dos Bombeiros (tamén se chama dos Irmáns Gómez), ao lado do Mestre Mateo e da cociña económica, III Magosto do Foro da Mocidade.
Tocamos O Rincón de Morgan e O Leo i Arremecághona!!! Tamén hai exhibición de capoeira.
Velaquí o cartel do ano pasado:

Víndelle e vémonos

11.11.2005

Viva o Fu Remol!

Libro imprescindible, de Pedro Feijoo, compañeiro de andainas, para calquera que queira pórse a facer música en Galiza e en galego.

Amais, é a primeira vez que Arremecághona sae nun libro.
A por el, mecaghiná!

11.10.2005

Suspiros de kaña

Ola.
Este blog é a páxina oficial d'o leo i arremecághona!!!
Son un cantautor punk, ou "kañautor", en galego que leva nos escenarios dende que non 98 fora abreconcertos de Albert Pla para a xira galega de Veintegenarios.
Teño un disco gravado, Suspiros de kaña, que é tamén o título do espectáculo en directo.

Nesta páxina irei subindo todo o meu material para que estea dispoñíbel para todos/as aqueles/as que esteades interesados/as.
Tamén me gustaría que servise que foro de encontro entre nós, de xeito que poida aproveitar mellor as vosas opinións sobre os concertos ou os temas, cousas todas que irei tamén anunciando aquí.
Saúde e anarquía.