Velaquí ese grupo de acción festeira que é o kolhoz, ou unha ampla representación del, que gravou comigo a versión dese temazo de Andrés Do Barro, Vou a Bueu, un dos temas máis tolos e delirantes da música galega. Agora anda a mesturalo no Val do Dubra o Jacobo, mestre do son de referencia no punk rock galego. O disco enteiro de versións de Andrés do Barro, polo que sabemos, en xuño, en Falcatruada.
Tamén tocamos o sábado en Redondela, co que estreamos no concello a Xira E Aghomita!
Enléanme dende Fodendo, unha parte dese Fodemillo que me está facendo recuperar a esperanza na utilidade dos blogs, para que faga de dj cuchino e poña aquí 5 temas para botarlle un estumbaloureiro. Para min serían estes:
Perfect Day - Lou Reed O amor e a morte, a un paso, indisolubles semanticamente.
El camión de la basura - Albert Pla A perfecta re-creación do poscoito. Non hai vídeo nin mp3, hai que safar coa letra ;-) Está en Veintegenarios, BMG-Ariola, 1997.
después de corrernos no me marcharé corriendo me quedaré otro ratito junto a ti perdiendo el tiempo después de corrernos no encenderé un cigarrito fumo poco últimamente y sólamente fumo tus besos
me quedaré otro ratito con el silencio de tus ojos junto a ti mirando el techo sólo se escucha a lo lejos ese camión de la basura haciendo su ronda nocturna yo no te dejaré nunca yo no te dejaré nunca
después de corrernos no me quedaré dormido pues no hay nada más bonito que soñar contigo despierto después de corrernos no iré a hacer un pis ni iré a lavarme no oiré teléfono ni timbre me quedaré contigo para siempre
me quedaré otro ratito con el silencio de tus ojos junto a ti mirando el techo sólo se escucha aquí cerquita ese rugido de mis tripas y en el tejado un gatito le va maullando a la luna yo no te dejaré nunca yo no te dejaré nunca yo no te dejaré nunca
Letra y música: Albert Plá Veintegenarios en Alburquerque
One - U2 Dende a primeira vez que a escoitei é para min un himno. E lamber, bicar e acariñar con esta bso, un subidón.
Hey - The Pixies Outra cántiga de amor desesperado. Das cancións que máis me gustan. Outro multiplicador de sensacións.
Motorbreath - Metallica Dunha volta fixen que fodía e escarallaba un atril de música clásica con esta banda sonora. X-DDD
Os catro primeiros son para foder con amor e o último para foder por vicio.
Sábado tocamos no mítico Pub Gatos de Melide, con ITH, grupazo de Boimorto e Salceda, e retransmitiron o concerto pola Radio Galega, programa Máis Berberechos, da 1:00 ás 2:00 da mañán. Aquí tendes a ligazón para escoitardes a retransmisión: O Leo i Arremecághona! no Pub Gatos de Melide
A jam session de despois, que encomezaron os fillos de Breogán, ITH, durou até as 6 e pico (eu marchei desa hora, non lle sei o final...). Se non quedei preñado, que ben o pasei!