12.29.2008

Mirámonos

Pois aquí, sen carro, pequeno-dependente do esquizoide transporte público galego e duns colegas e familiares que me reaprenden o concepto da solidariedade (grazas, Emi de Taraghoña, meu pai e miña nai, Adolfo de Rianxo, miña irmá e Óscar, seu mozo, Nacho e Masha, Vilasó, Suso -Alvidrón- e Fernando -Ovella-, Pableras, X. Carlos e os taxistas aos que lles fixen algo máis levadeira a creba do sistema capitalista), aquí se despide O Leo de Arremecághona! ate ben entrada a Candeloria. Retirámonos aos cuarteis de inverno para ver de vos contar cousas novas neste ano impar que entra.

Mirámonos nos bares, coma sempre.

12.16.2008

Festa de Fin de Ano Universitaria

Nada, que como ao final se suspendeu o bolo do sábado pasado con Lamatumbá, tocamos na Sala A o venres 19 a partir das 23:00 h. E antes, á mañá, no instituto de Guitiriz, recitando no báter e travestíndonos. Todo moi educativo.

Mirámonos aló

12.10.2008

Vigo's burning

En Vigo xa non hai escusa para me dicir: "quería vervos pero nunca me entero. Cando vés por Vigo?" Dous días dous na cidade olívica que me viu nacer (logo xa marchei rápido da residencia para Matamá).

Venres 12: Sala Mondo, cos Ruxe-ruxe. 22:30 h.

Sábado 13: Sala A, con Lamatumbá. 22:00 h.

Mirámonos (nunca mellor dito) aló

12.02.2008

Finde movida

O venres en Compostela, facendo de Labregos do Tempo dos Sputniks o García e mais eu n'O Garigolo aí á noitiña. O sábado presento a Festa pola Liberdade na NASA tocándolle algún que outro tema. Comeza ás 21:00. Hai que plantarlle cara á moderna Inquisición en que xa prometía converterse a Lei de Partidos. Domingo estreamos o Anxo Angueira e mais eu un espectáculo de música e poesía e animación á lectura: Na fronte unha estrela, no bico un cantar, unha viaxe poético musical, con escalas nos símbolos que constrúen Galicia. No cultur.gal da Coruña, ás 17:00 h, na área de animación á lectura.


Mirámonos

P.D.: O 22 de novembro estivemos na Revolta recitando coas Redes Escarlata. O 15 tocamos no novo Apolo (que mítico) de Compos o García e mais eu polas Radios Livres.

10.30.2008

Sábado, 2 Ourense; sábado, 8 Tebra (Tomiño)

Xa foron alá varias cuchipandas que non me deu tempo de postear, pero agora xa teño conexión de meu aquí no sur. Fomos a Cangas, á Tiradoura, o García máis eu pedir que non lle boten máis cemento á ría. Tamén os dous, despedimos o local da casa encantada na rúa de Betanzos a través da Kalimera. En Xinzo, xuntámonos pra facer un recital das Redes Escarlata no Aguilhoar, un exemplo máis dos vizosos centros sociais que inzan o país. Alí toquei como Arremecághona, despois de facelo no instituto o día antes, onde tamén lles recitei sentado no báter, e ese mesmo día pola noite na Laracha, onde o Antón me tratou tan ben coma sempre. Bo sitio. O Festivalazo de Monterroso, que este ano se consolidou como un dos máis interesantes de Galiza, xunto co Artenativa de Valga. De aí esta fotaza, cos Novidades Carminha, que me fixo a Clara e que creo que é a mellor que me tiraron na vida:


Tamén fixen un pouco o punki no recital "Denantes mort@s que solemnes", título co que cada vez estou máis de acordo, nos Encontros de Mariñán. Batín dúas veces o récord do concerto máis breve do mundo, na Coruña e en Salvaterra (7 min sen poemas e 9 min con poemas respectivamente). O día antes recitei noutro C.S. mítico, no aniversario do Artábria do Ferrol de ferro. E creo que inda me queda algo atrás.

Así que, imponse época de reflexión. Aforraremos enerxías de aquí a primeiros de ano para ter algo novo que contar. Así a todo, aínda podedes ver o espectáculo en Tebra 0 día 8. E o dos Labregos do Tempo dos Sputniks, co irmán García de Dios ke te Crew, en Ourense, noutro dos centros sociais que mellor funcionan do país: A Esmorga, en Ourense.

Mirámonos

8.20.2008

Arremecaghona's Produçións: Xira de Vran d'O Leo, o Leio e o Arremecághona!

Pois xa van alá varios concertos, muitos que non puiden postear porque na casa de mamá non hai conexión rural á Internet. E amais que o vran aínda non comezou ou polo menos eu inda non o vin (tamén pode ser porque de noite non se ve o sol e ás mañás refresca).

Agosto

Venres 22, Valvoa Red Festival, Francelos (Ribadavia)
Sábado 23, Queimada punk no C.S. A Formiga
Domingo 24, á mañá, O Leio na Romaría do Pote (Fene)
Sábado 30, Concerto de Homenaxe a Carlos do Roi Xordo (Allariz)

Setembro

Venres 5, Festival da Poesía de Salvaterra, O Leo fai anacos do Espectáculo Multimerda de Hai cu.
Sábado 6, Festival da Cañiza (A Cañiza)

Mirámonos aló

8.05.2008

Nas festas de Vigo, Pza. da Constitución, sábado 9

Este sábado 9 tocamos en Vigo, na praza da Constitución (Española, seica) e imos facer un experimento sociolóxico: xuntar as dúas tribos urbanas de Vigo que levan can aparellado, os punkis e as señoras de solarium. A ver que pasa...


Mirámonos (en Vigo) aló

6.29.2008

Xoves 3, A Casa de Arriba (Vigo)

Empezamos o verán na Casa de Arriba, ese showcase galego. O xoves aí polas 22:30.

Mirámonos aló

6.10.2008

Salón Parrokial (Ponteareas), venres 13

Venres 13, menos mal que non son nada pro-ianqui e non me arrepía a combinación. O venres toco nas terras do Condado, nese templo punki que é o Salón Parrokial. Era para tocar xunto con King Putreak, pero logo separáronse e fastidiouse. Coa ilusión que me facía volver tocar cos craks dos madriles. A primeira vez foi no II Félix Rock.

5.28.2008

Martes 3, Xoves 5, Sábado 7

Arremecághonas Produçións acaba de tomar a profunda determinaçión de anunciar as cousas unha semana antes de que pasen. Así que alá vai: o martes 3 espectáculo multimerda Hai cu. Pintadas no báter nas Escolas Proval de Nigrán, aí ás 11:30 da mañá (madrughón). O xoves 5 volvemos á Fábrica de Chocolate, en Vigo, aí polas 22:00, cun par de cancións nunca ouvidas por terras viguesas (unha delas oída nunca en ningures). Sábado 7, festa do Novas da Galiza na Gentalha do Pichel, onde aínda non sei moi ben o que vou facer.


Mirámonos

5.20.2008

No Castiñeiriño, xoves ás 21:00

Pois outro bolo en Compostela, concretamente na Asociación Cultural dun dos barrios máis inquedos e mobilizados da contorna, o Castiñeiriño. Xoves 22, 21:00 h


Víndelle, ho.


Mirámonos aló

5.13.2008

Semana das letras

Semana das letras de Álvarez Blázquez, que ben o merece o as dos heterónimos en Galicia. O autor do Cancioneiro de Monfero.
E son 5 bolos: hoxe, co García e os Labregos do Tempo dos Sputniks, volto ao meu instituto a ver como seguen estropeando cabezas alí e estropealas eu tamén, o Castrelos-Beade de Vigo, ás 17:00 h.

Xoves, no Tarasca con Roberto Sobrado e Xosé Constenla, ás 23:00 h, organiza Galiza Nova.

Venres, con Anxo Angueira facendo Fóra do Sagrado seica na praza da Constitución.

Sábado, programa duplo: ás 20:00 na Asociación Rosalía de Castro de Teo, repasamos textos da literatura galega, o Anxo Angueira recitando e o Aser e mais eu cantando e pondo a música. De alí vou para o Milladoiro, onde presento e toco con Ruxe-Ruxe.


Mirámonos aló

5.09.2008

Portugal

Hoxe nun botellón-concerto unplugged pero de verdade na república Pra-kys-tao e amanha en Porto no Pinguim Cafe.

Vemo-nos lá

5.02.2008

Ribadavia e Tui

Venres 2 de maio, en Ribadavia, no Amalgama, aí ás 00:00 h, ou sexa, 12 da noite porque antes está de "telonero" Javier Krahe... ;-) E o sábado, Tui, no Café Teatro, ao ladiño da catedral. De alí vén o meu ADN de xudeu converso, das extintas xuderías de Tui. Algo me pasa pola médula arriba cando vexo o río á noite dende os miradores de pedra.


Nin tempo tiven de poñelo aquí, pero onte estiven co irmán García nas Xornadas Estatais de PreS.O.S. na Casa encantada, e antes estiven en Vigo dúas veces seguidas, xoves e venres da semana pasada, na Festa da Facultade de Filoloxía e logo na Revolta (nos vivimos na Revolta!). O sábado despedín ese meu piso arousán, na Illa, cun concerto no Con do Moucho que me confirmou que a xente da Illa é do melloriño que se pode topar por Galicia adiante.

Mirámonos

4.21.2008

Semana (de poesía) salvaxe

Fomos a Salamanca falar de como se levan a literatura e a música galega, e de como Duchamp era no comezo, e o punk o seu sempre. E Anxos Sumai foi para min cronista de excepción da explosión de todo isto na cidade en que nacín, Vigo. Tamén con Anxo o da angueira, en Gondomar, lembrei que son do Val Miñor, por onde meu pai me levou de tascas entre instalación e instalación de váteres e tubaxes. Logo caemos polo Ferrol de ferro e os patufos (de azul) desleigados non se comunicaron cos seus xefes, dous días seguidos, cando interromperon os recitais de Estevo Creus e do noso vocalista. Ao báter chantado na porta da praza de Recemil achegáronse tamén, sen interromper, pero si interruptorando, un neno de tres anos que non lle ten medo á merda e viña sorrindo e unha señora de 97 anos, Evangelina, chorando, que emocionada me deu as grazas e dende o venres non os podo tirar da cabeza a ambos os dous. Tiven a sorte irrepetible de compartir escenario, mantel e licores co poeta vivo en castelán, Carlos Oroza, que me dixo "lonxe es más allá que desde nunca" e "me gusta el cachondeo que te traes". Marcos Lorenzo, Estevo Creus, Karlotti, David González, Víctor Díez, Rubén Coca, Guillermo Ferrández, Raquel Ferrández, Maxi do Run Rum, Carlos Vilas, Dani mestre do son, o colectivo Fecal a través dun dos seus membros que me abriu os ollos, coñecín tanta xente que te arrola no abrazo que xa nin sei como collen todos nunha vida, e máis que houbese. Para todos eles, o haicu de despedida e comezo que sempre me esquece recitar e postear:
Beizos
e
brazos

3.26.2008

Presentación de Hai cu en Vigo

Pois nada, que o noso vocalista, o Leo, está a comezar a súa carreira en solitario cun tal Espectáculo Multimerda para presentar ese libro que lle editou Xerais e este venres 28 está no Centro Social A Revolta da Zona Vella viguesa. O tema é ás 21:00 e disque vai facer todo o que fai normalmente no váter: esbardallar monologando, facer pintadas poéticas e tocar e cantar (que é o sitio que mellor acústica ten).


Mirámonos alá

3.06.2008

Xira E Aghomita! '08

Fixemos balance de 2008 e confirmouse algo que o meu lombo xa sospeitaba: foron por volta de 50 bolos, cuchipanda arriba ou cuchipanda abaixo, os que nos levaron por Galiza en 2007, ano e números máxicos.

Abriuse 2008 con varios concertos, entre eles o deste sábado pasado en Allariz, que foi tan estimulante e emotivo para min coma os outros dous que aconteceron nesa Terra así, con maiúscula. As dúas horas de engadido a ras do chan, cando xa todo rematara, a revisarmos entre todas e todos clásicos imprescindibles de noso, inesquecibles para min. Tamén estivo A Coruña, con algúns dos 120 capadores, festa rachada e brava. A Sala Breogain con Skacha, A Gentalha do Pichel, nun dos concertos máis íntimos e riquiños que recordo, coa xente, moitos amigos, poñéndolle oído a cada sílaba. E, como non, Coimbra, Jose Mário, Miro, JP... A gana de emprender a aventura de falar semellante para os iguais, alén do río-arteria.


E o que nos queda...

Marzal
Venres 7: Festa de feche de campaña de Galiza Nova-O Ribeiro, Ribadavia
Xoves 13: Facultade de Informática do Campus de Elviña, A Coruña, 22:00 h
Venres 28: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Centro Social A Revolta, Vigo, 21:00 h

Abril
Venres 4: Festa anual do Cineclube de Compostela, A Gentalha do Pichel, Compostela
Sábado 5: Sala Mogay, Chantada
Venres 18: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Semana de Poesía, Ferrol, 13:00
Sábado 19: Jam Session poética, Semana de Poesía, Ferrol
Venres 25: Centro Social A Revolta, Vigo
Sábado 26: O Con do Moucho, A Illa de Arousa

Maio
Sábado 3: Café Teatro, Tui

Xuño
Venres 13: Salón Parrokial, Ponteareas
Venres 20: O Muíño, Cervo

Mirámonos alá




2.11.2008

Coimbra. Vigo. Compostela

Xoves 14 fago en Coimbra o que probablemente sexa o concerto máis importante da miña vida. No palco estarán JP Simões, figura da canción de autor portuguesa actual, Miro Casabella, pioneiro de voces ceibes, con algún dos textos máis retranqueiros da nova canción galega, e o grandísimo José Mario Branco, responsábel da produción do primeiro disco de Miro e, nada máis e nada menos, de Cantigas do Maio, do Zeca Afonso, así como cantor fundamental do 25 de abril pola súa vez. Obrigado á Plataforma Galiza-Coimbra por contar comigo outra vez e para algo así. Non son merecente, dende logo.


Venres 15, na Sala Breogain, en Vigo, nos Estudios Area Master, con Skacha.

Sábado 16, na Gentalha do Pichel, en Compostela.

Mirámonos alá

1.22.2008

Monte da Condesa, Compostela, Martes 22, 22:00 h

Volvemos a Compos, á residencia universitaria Monte da Condesa, á Sala da Columna en que, hai xa unha chispa de anos, me estreei tocando en directo. Ás 22:00.

Mirámonos alá

1.18.2008

Elviña, sábado 19, 21:30 h

Iso, sábado 19 en Elviña (Vello, onda as facultades), na Cruña, concerto de presentación do disco do disco de homenaxe aos Diplomáticos. Somos alí a tocar todos estes a estas horas, nós abrindo o festival:




Mirámonos alá