Hoxe (quinta feira - xoves) ás 21:00, festa na Casa Encantada. Polo visto toco eu e pon discos o García de Dios ke te Crew, aínda que non se descarta algunha sorpresa máis.
O Leio, ese meu irmán espurio, cantautor galego-portugués, toca na Adega do Pino de Betanzos venres ás 22:30. Mirámonos alá, que eu tamén vou ver como se lambe.
Pois preséntase o monográfico sobre Celso Emilio da Revista Arraianos en Vigo e alá imos montala, con xente de Voces Ceibes e co impresionante García, de Dios ke te Crew, que musicou dous textos de Celso Emilio con base de rap. Eu vou facer unha metamorfose en directo: de Estrellita Castro a C. E. en catro cancións, pasando polos Clash.