3.26.2008

Presentación de Hai cu en Vigo

Pois nada, que o noso vocalista, o Leo, está a comezar a súa carreira en solitario cun tal Espectáculo Multimerda para presentar ese libro que lle editou Xerais e este venres 28 está no Centro Social A Revolta da Zona Vella viguesa. O tema é ás 21:00 e disque vai facer todo o que fai normalmente no váter: esbardallar monologando, facer pintadas poéticas e tocar e cantar (que é o sitio que mellor acústica ten).


Mirámonos alá

3.06.2008

Xira E Aghomita! '08

Fixemos balance de 2008 e confirmouse algo que o meu lombo xa sospeitaba: foron por volta de 50 bolos, cuchipanda arriba ou cuchipanda abaixo, os que nos levaron por Galiza en 2007, ano e números máxicos.

Abriuse 2008 con varios concertos, entre eles o deste sábado pasado en Allariz, que foi tan estimulante e emotivo para min coma os outros dous que aconteceron nesa Terra así, con maiúscula. As dúas horas de engadido a ras do chan, cando xa todo rematara, a revisarmos entre todas e todos clásicos imprescindibles de noso, inesquecibles para min. Tamén estivo A Coruña, con algúns dos 120 capadores, festa rachada e brava. A Sala Breogain con Skacha, A Gentalha do Pichel, nun dos concertos máis íntimos e riquiños que recordo, coa xente, moitos amigos, poñéndolle oído a cada sílaba. E, como non, Coimbra, Jose Mário, Miro, JP... A gana de emprender a aventura de falar semellante para os iguais, alén do río-arteria.


E o que nos queda...

Marzal
Venres 7: Festa de feche de campaña de Galiza Nova-O Ribeiro, Ribadavia
Xoves 13: Facultade de Informática do Campus de Elviña, A Coruña, 22:00 h
Venres 28: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Centro Social A Revolta, Vigo, 21:00 h

Abril
Venres 4: Festa anual do Cineclube de Compostela, A Gentalha do Pichel, Compostela
Sábado 5: Sala Mogay, Chantada
Venres 18: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Semana de Poesía, Ferrol, 13:00
Sábado 19: Jam Session poética, Semana de Poesía, Ferrol
Venres 25: Centro Social A Revolta, Vigo
Sábado 26: O Con do Moucho, A Illa de Arousa

Maio
Sábado 3: Café Teatro, Tui

Xuño
Venres 13: Salón Parrokial, Ponteareas
Venres 20: O Muíño, Cervo

Mirámonos alá