11.30.2007

Sábado 2, xornada dupla: Cangas, Noia

Ás 7 da tarde, no Ambigú de Cangas toca o meu irmán espurio, o Leo de Matamá, logo imos (eu vou con el) para Noia, ao Magosto de Galiza Nova, que seica arrinca aí ás 22:30.

Mirámonos alá

11.21.2007

Macrofesta 15 aniversario de Area Máster, Fóra do Sagrado e

Esta sexta (venres) feira ás 22:00 tocamos na Sala Breogain de Vigo, nos Estudios Areamaster, para festexar os 15 anos do mítico complexo de son e produción vigués. É un concerto sorpresa con bandas galegas abondo coñecidas.

O Martes, xornada dupla, aí polas 7 ou 8, en xornalismo, presentación de Fóra do Sagrado, recita Angueira, eu poño o espazo sonoro e o Aser Álvarez os efectos e as percusións. Ao que saiamos, levo os tarecos para a zona vella e dámoslle duro no Miúdo, entre as dúas Algalias.

Pois iso, que se andas por Vigo ou Compostela podes ver O Leo i Arremecághona! en directo.

Mirámonos alá

11.19.2007

Hai cu. Pintadas no báter. Malas Pécoras, 22 de novembro, 22:00 h

O noso vocalista, O Leo, presenta un libro cun espectáculo multimerda en que fai todo o que fai no báter: cagar, ler, tocar a guitarra e ter monólogos interiores. O xoves en Santiago.


Mirámonos alá.

11.14.2007

Miúdo, Compostela, 22:00 h, mércores 14

Concerto en Compostela, en Entrealgalias.

Xa toquei tamén na Casa de Arriba, o día de Santos, en Vigo, e no Fardela de Vilalba. Paseino moi ben nos dous, gran descubrimento da terra do Manu Chao, un local que lle recomendo a todo o mundo e grazas coma sempre a Jose, da Fábrica e da Casa por todo.

Isto de vivir en Muxía non me deixa infraestrutura para postear...

Mirámonos alá