Este é o primeiro rexistro televisivo d'O Leo i Arremecághona!!!, no Que Serán!, un programa do Centro Territorial da TVE en Galicia que dirixía aló por 2000 Xosé Manuel Pereiro. Era un dos poucos redutos que lle quedaba ao rock en galego naqueles días de crise da explosión dos 90. Agora estase a vivir outra explosión que pide cámaras, luz e taquígrafos. Agardemos que non falten.
Eu sempre lembro esta actuación coma unha pedrada, igual ca a gravación do disco. Ningún deles acaba de dar unha idea de como é o directo, pero o audiovisual, que dúbida cabe, achégaselle máis.
Hai outra sorpresa destas para o día das letras.
Aquí tendes a letra e a música desta peza, Suspiros de Kaña.
Ghoçádeo!
5.11.2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
que documento! que cariña! tas iguoal!
succesfully ghozed!!
Obrighadirmo, Berto. Polo de que tou igoal... snife
non vira esta actuacion, pero lembro algo q me contaras ti ou alguen daquela, q a xente do publico quedara algo pillada...
graciñas polo documento
Alí estiven eu, no desvirghe catódico do Leo ¿nos estudios de San Marcos?
Fun de groupie do artista e nin un bocadillo de mortadela me deron, nin a min nin a Lito, o outro groupie.
Claro que recordo a actuación, non vou recordala. ata me fixeron un primeiro plano que case escacho o programa, co bonitiño que estaba saíndo...
Pero hay dúas lembranzas miña do Leo, por riba de todas:
a primeira, Colexio Mayor Fonseca (ou Cadarso, que a lembranza está neboenta polos efluvios alcohólicos)catro ou cinco da mañá dun martes. O leo e mais eu chuzas perdidiños, ensinándome os acordes de every breath you take... e non os olvidei, carallo!!!
a segunda, piso do Leo polo Castrón Douro. O Leo, Lito e mais eu. Por supostro, unha nutrida presenza de cervexa no noso sangue, e posiblemente tamén de fume. A escena: o Lito facendo un monólogo sobre as bonecas sevillanas enriba das televisións. Moi grande o Lito, pero que moi grande. Lembras???
Carallo, e non o hei lembrar. O Lito, contando que tiña non sei quen unha boneca sevillana e un touro (pipiribi - piribípi - pipiribi!!!, facendo coa boca o pasodobre dos touros para ilustrar acusticamente o concepto) enriba da tele. Poucas veces rin tanto na vida e inda o conto por aí.
No Clemente, aquel día de The Police, tamén me tocaches ti a min "Sex Machine", unha túa peza que, cando a escoitei, lembro que pensei, todo envexoso, "que fillo de puta, como non me saíron a min eses acordes".
Os meus dous alumnos de ghitarra (e os demais), meus amighos. Muito aprendín de vós, carallo.
E digo eu-meu, non era-hora xa de facer unha xuntanza ti,Lito,(Pablo parece que non anda por eiquí) e toda a xente do curso de guitarra que esté localizable (se hai algún), que temos que pornos o día dun mundo de cousas?
A proposta queda ahí.
Ok. Facemos acopio de teléfonos e mándámonolos por correo-e, OK? O meu, arremecaghona@gmail.com
Enviar um comentário