10.22.2009

Recta final

Aí vos van os últimos concertos da produtora improdutiva Arremecághona's Produçións até a Candeloria.

Até a primavera non volveremos tocar en directo, só nos Institutos, na Xira Escolar "Barricada de Pupitres", que bota a andar o venres 30 nun sitio que non digo porque é sorpresa. Metémonos no estudio para sacar por fin algo gravado.

Outubro
Sábado 10, Certame de Regueifa de Valadares, Verbum (Vigo), 19 h
Sábado 17, previa da manifestación pola lingua do 18, Praterías, SdC, 18 h; recebimento aos presos independentistas Santi e Xosé, Toural, SdC, 20 h
Sábado 24, Castañazo de Maceda
Sábado 31, presentación do disco de Pito de Pikasso, Sala Moon, SdC; pub Taboga de Pontecesures

Novembro
Venres 6, sala Clan, Xinzo de Limia
Sábado 7, Festival de Bembribre (Val do Dubra)
Venres 13, inauguración da Ghudalla, novo C.S. de Moaña
Sábado 21, Festival A Rebusca de Manzaneda


Mirámonos aló

10.07.2009

I'm on my way to Coristanco...

Dentro da miña estratexia de me ir achegando cada vez máis a Coristanco como terra liberada, esta finde andámoslle preto:

Bar Tentación de Carballo (si, si, o de Javito de Gran Hermano!), venres 9, 22:30 h, dentro do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo
Museo Verbum de Vigo, dentro do Certame de Regueifa da A. C. de Valadares, sábado 10, 18:00 h
C. S. Gomes Gaioso da Coruña, 22:00 h

Mirámonos aló

10.01.2009

Vou em Lisboa (e tamén en Compos e Vigo)

Olá, gente. Aqui vai o cartaz da apresentaçom em Lisboa:


Mañán en Santiagho de Compostela, na presentación da Rádio Kalimera.

E passado em Portugal uma outra vez (Vigo), onde nasci, por isso é que escrevo assim de bem.

Mirámonos

9.22.2009

Boas tardes, Coristanco!

Aquí vos deixo unha foto vosa (e do En-Riquinho) que tirou o Álex Bragaña no Reperkusión de Allariz.


Mirámonos!

9.17.2009

Setembro-Outubro-Novembro e Barricada de Pupitres

Ale, que xa acabou o verán, que xa me entra a chuvia pola caluga, que mecaghoindiola xa e que aí vos van as datas confirmadas para este trimestre:

Setembro
Sábado 19, Reperkusión, praia de Acearrica (Allariz), 18:00 h, de balde
Venres 25, A Taberna (Cerceda)
Sábado 26, Festival contra o porto deportivo en Massó (Cangas)

Outubro
Xoves 1, Universidade de Lisboa
Venres 2, presentación da nova grella da Radio Kalimera, Sala Nasa (Compostela)
Sábado 3, Xornadas de Cultura Libre, C. S. O Guindastre (Teis-Vigo)
Venres 9, Sala Tentación, Festival de Teatro de Carballo (Carballo)
Sábado 10, C. S. Gomes Gaioso (A Cruña)
Sábado 24, Castañazo (Maceda)

Novembro
Sábado 7, Val do Dubra (Bembibre)
Sábado 28, Moaña

E, como demostra este gráfico, estamos preparando a xira xuvenil Barricada de Pupitres, aberta a contratación para institutos a través de arremecaghona@gmail.com, o tlf. 605 23 68 46, Facebook e Myspace. Dálle a brasa ao/á teu/túa profe de Galego e/ou nacionalista/anarquista para que nos leve a tocar ao teu instituto!

Mirámonos aló

8.14.2009

Datas en vistas e material do En-Riquinho

Hallo!

Pois nada, que mañá imos a tropa de Arremecaghona's Produçións Todos Metidos nun Bote para Xinzo (polo río Limia arriba será, por que se non...), ao Festival da Mocidade de Xinzo, que organiza o Aguilhoar na praza de Oriente a partir das 17:00 h.

O 3 de setembro tocamos nas Xornadas de Cultura Libre co tremendo Breo, que xa teño gana de coñecer, no Centro Social O Guindastre de Teis.

O sábado 19 de setembro en Allariz no Reperkusión, seguramente pola tarde na praia de Acearrica, para termar da resaca do venres, que vai ser boa...

E algunha cousiña máis que se está argallando e da que xa avisarei...

Temas Novos
E velaquí vos deixo os enlaces aos dous primeiros temas que podedes escoitar do En-Riquinho:
Eu nunca serei yo: http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1620/62/
Cançión popop: apologhit.vieiros.com

Mirámonos aló

7.21.2009

Localizable

O venres 24 na Romaría de Sargadelos, en Burela.

O sábado 25 na carpa Café-Concerto do Festigal de Compostela.

Até que me fagan o cambio de compañía de telefonía móbil, despois de que Vodafone me tivese unha semaniña enteira muiñeira sen mancontro, no:

666 35 66 15

mirámonos

6.15.2009

Todos Metidos nun Bote Tour '09. Xira de Verán

Arremecághona's Producións ten xa practicamente fechadas as datas para este verán. Aínda segue aberta a contratación para a xira estival máis espesa da produtora improdutiva até o de agora. Canles de contratación: arremecaghona@gmail.com, arremecaghona.blogspot.com, myspace, facebook...


Xuño
Venres 19, Festival Autoxestionado Cultura Mutante, nave de Koipe, tras da Estación de Trens de Compostela, á tardiña
Xoves 25, festa do Novas da Galiza, Sala Nasa

Xullo
Venres 3, Homenaxe a Cabanillas, Cambados (Leo de Matamá) e Festas de Boiro, Aturuxo (Arremecaghona's Produçións)
Sábado 4, Festa da Liberdade Sexual, praza dos Bombeiros de Compostela (AP)
Sábado 11, Festival Mestura Sons, Celanova
Venres 17, Arcade (Soutomaior), na Carballeira do Peirao
Venres 24, Romería de Sargadelos, Burela
Sábado 25, Festigal, Carpa Café-Concerto, Compostela

Agosto
Sábado 8, Festa da Prehistoria, Mos
Sábado 15, Festival da Mocidade, Xinzo de Limia



Mirámonos alá

5.06.2009

Arremecághona's Produçións presenta a Todos Metidos nun Bote Tour 09

Énos imposible ocultar a bomba durante moito tempo máis. A cousa lévase sabendo xa dende a Candeloria, en que os distintos integrantes d'O Leo i Arremecághona! comezaron as súas carreiras por separado. Isto é a primeira vez que lle pasa a un cantautor, que se separe. O Leo de Matamá (1947, nacional-popular, Charanga Unipersoal, pai), O Leo i Arremecághona (1974, ácrata, punk, himself), O En-Riquinho (1974, apolítico de esquerdas, pop-pijo, irmán) e o Leíño i Arremecághona (1992, antiglobalización-botellón, hip-hop, fillo) constitúen a produtora Arremecághona's Produçións. Outro chiringuito familiar galego máis, vamos.

Velaquí unha mostra do En-Riquinho:


E velaquí as datas da Tour, en que van ir de abreconcertos uns dos outros:

Maio
Xoves 7, Compostela, Malas Pécoras, 22:00
Venres 8, Madrid (España), Kabokla, 22:30
Sábado 9, Festival do trece-catorce, Salceda de Caselas, 20:00
Sábado 23, presentación do Castañazo Rock 09, Sala Mogay, Chantada, 23:00 h
Venres 29, Faro (Portugal), Universidade
Sábado 30, Faro (Portugal), algún pub de alí

Xuño

Venres 5, Trier (Alemaña), Universidade

Mirámonos aló