5.06.2009

Arremecághona's Produçións presenta a Todos Metidos nun Bote Tour 09

Énos imposible ocultar a bomba durante moito tempo máis. A cousa lévase sabendo xa dende a Candeloria, en que os distintos integrantes d'O Leo i Arremecághona! comezaron as súas carreiras por separado. Isto é a primeira vez que lle pasa a un cantautor, que se separe. O Leo de Matamá (1947, nacional-popular, Charanga Unipersoal, pai), O Leo i Arremecághona (1974, ácrata, punk, himself), O En-Riquinho (1974, apolítico de esquerdas, pop-pijo, irmán) e o Leíño i Arremecághona (1992, antiglobalización-botellón, hip-hop, fillo) constitúen a produtora Arremecághona's Produçións. Outro chiringuito familiar galego máis, vamos.

Velaquí unha mostra do En-Riquinho:


E velaquí as datas da Tour, en que van ir de abreconcertos uns dos outros:

Maio
Xoves 7, Compostela, Malas Pécoras, 22:00
Venres 8, Madrid (España), Kabokla, 22:30
Sábado 9, Festival do trece-catorce, Salceda de Caselas, 20:00
Sábado 23, presentación do Castañazo Rock 09, Sala Mogay, Chantada, 23:00 h
Venres 29, Faro (Portugal), Universidade
Sábado 30, Faro (Portugal), algún pub de alí

Xuño

Venres 5, Trier (Alemaña), Universidade

Mirámonos aló

10 comentários:

Lúa Neghra disse...

Hahaha!!! Onde foi? Que grande o rapaz que di "A Iván Ferreiro lo conocí yo. Es gilipollas"

Arredista disse...

Eso máis que um chiringuito parece a "costa nostra" (nome galego da mafia).
Sorte hoje na presentaçóm e já andamos agardando poder ver o chou em directo e botar umhas risas mentres botamos uns licores espirituosos

eue disse...

Foi no IES do Castro, en Vigo. Unha peña moi guai, polo visto despois os poemas e os vídeos fervían no Tuenti X-D

Iso, a familia, rollo mafia é o que nos vai cumprir neste país dentro de nada. Mirámonos, meu

RAC disse...

O mais JRANDE. Este Leo e o mellor. Eaquelquedijaocontrario, meu fillo, queenjanadosta.

Mixigodo disse...

la lalalalalala lalalalalalaaaaaaaa
e punto e comaaaa

DIOS, mola a dios :D

Tedes a canción en mp3 entendible? Xa sei que é pop, pero eu quéroa entender mellorrrr xD

eue disse...

Que tal, meu? Eras dos do Terra de Turonio? ;-) Boa canteira. O temiña está gravándose para presentalo decentemente a Apologhit 09. Atentos/as que de aquí a nada estará pronto.

apertas

Mixigodo disse...

Se o de Terra de Turonio ía por min, non, non sei que é iso xD

Conta co meu voto a Apologhit 2009 polo de agora. O tema cautivoume, pero hai que ter en conta que se presentan moi boas cousas a ese concurso, e non sería xusto votar sen oír as outras. Pero a túa é a puta hostia :)

Conseguín un CD chamado Suspiros de Caña. Está ben, pero fáltalle unha boa produción. Supoño que é dos teus comezos e tal, espero que che vaia mellor a nivel técnico, porque talento sóbrache :)

En fin, un saúdo e la lalalalalalala lalaaaaaaa

Arredista disse...

Que internacional eres Mandril,Faro e Alemania sodes a familia de artistas galegos máis internacionais.
Já vejo que tes um bolo o día 23 eso significa que nom che verei na festa hortera jejejeje.
Pasadeo bem em Faro e queremos umha crónica da viagem

eue disse...

Si si que me verás, que vou e veño... Se non na festa hortera, na súa disolución progresiva polos bares de Compos.

aperta

O Garcia do Outeiro disse...

Mui grande o concerto de Chantada! Umha aperta irmandinha e vemo-nos nos bares.