12.19.2005

Pub A Esmorga, Vigo

Con Berrobambán, en Vendetta, este mércores 21 ás 21:30 no pub A Esmorga de Vigo, preto do Estadio de Balaídos, nunha das que soben.


Recuncamos neste café-pub, onde estivemos haberá tres meses, nunha actuación en que se encheu e houbo moi bo ambiente.

Vémonos

12.15.2005

Afoto do Maghosto

Acaba de nos chegar unha foto orixinal do Magosto do Foro da Mocidade, posteada en http://derdeiqui.blogspot.com


A Píntega évos unha fotógrafa ben boa, ou cando menos precisa. Xa ela di que a foto está un chisco escura, pero é que me colleu xusto nese momento cumio en que saco a ligha coa bandeira de españa segundo miña nai: coas cores do rivés.

Creo que vou inaugurar unha sección fetiche: fotos da ligha, dos pendentes, da camiseta do club de fans de Punkxón (nova versión do topónimo), etc. Moi kitch.

En breve, as letras dos temas. Estou a piques de subilas.

Ah, por certo. O concerto de Amil foi pó carallo (para o lego, que diría o meu compañeiro de piso, o Rubio). A comisión da asociación censurou o espectáculo. Así a todo, graciñas á Fátima, que aínda se moveu polo tema, ata que os tales lle tocaron os ovarios.

Saúde e anarquía.

12.09.2005

Auto-crítica Xolda, Pontevedra.

O sábado pasado, día 3 de nadal, toquei cos Puta Miseria no pub Xolda de Pontevedra. Á espera das afotos, só podo meter aquí a única que aparece no Google por ese nome.


A crítica
Desta volta non é verbal, senón de memoria, parafraseada do que a fixo, o dono do local:
"Tío, como molou. O teu espectáculo é ideal para a nosa festa nudista do 31 de xaneiro".

Eu quedeivos a cuadros pero díxenlle que si (os Puta teñen reparos polo tamaño das pichas -das súas, por suposto-; eu vou sobrado).

A lista de temas
Suspiros de kaña
A maldiçión dos ghusanitos
a vida é unha muiñeira
Kastrapo Paghuer!
Cançión do vagho
Kero aghobiarte
Koito, ergho sum!
Maruxa
Nin mú
nin un can
Isto é Ghaliçia
Al(gh)ien

A miña sensación
Ao primeiro había pouca xente, porque non querían pagar os 3 euros da entrada. Contra o final do meu rollo e o principio do dos Puta, a sala encheuse. A min gustoume porque saíu unha variedade de concerto íntimo, onde o peso o levan máis as palabras ca o arruído que só se pode conseguir nun ambiente así.

As incidencias
Ao primeiro pensei que ía ser un rollo coma cando toquei cos Ratos de Porao, que os seus fans case me atacan. Vin un tipo todo tatuado que metía respeto. Logo o dono contoume que ¡era un fan meu! Díxolle que molaba e que o meu era para non perdelo e ¡sabía as letras todas! Logo cocémonos como de costume, encartamos o material e pa casa. Iamos saír de rachí o Costas dos Puta e mais eu por Vigo pero a cama foi máis forte. Para o 31 de xaneiro será.

A anterior (e a próxima)
Estiven onte con Berrobambán en Ortigueira, pero non tiven tempo de postalo.
A seguinte do Arremecághona é o 30 de nadal en Amil, preto de Pontevedra, no centro social, aí pola noitiña.
De Berrobambán e Vigo, o 21, no pub Esmorga, preto de Balaídos, aí polas 21:00.

Saúde e anarquía

12.01.2005

Auto-crítica Monólogos Monolingües

Xa foi. Volvín facer o tolo diante da plana maior da USC. Iso é o que pensará moita xente. Eu creo que intentei dicir algo con modais de tolo, coma sempre. As dúas oracións son correctas, é máis, significan exactamente o mesmo.

A crítica
É do Pitiño, n'O Pitiño: http://e150d.blogspot.com
Amenizou o acto coa súa música o gran cañautor Leo i arremecághona, aínda que a canción non era das que máis me gustan del; son textos intelixentes que merecen ser oídos, descargados e difundidos (poden facelo desde o seu blog/blogue/blo).


O tema
Tripádeme as tripas!

A miña sensación
Faltoulle ensaio á versión nova (a que cantei) de Tripádeme as tripas!, porque antes ía toda con distorsión.
O lado positivo é que toleei mogollón e moloume mazo o momentazo de sacar o micro por dentro da manga dereita do traxe, unha vez sen el, para berrar o último NON.

Incidencias
Logo uns mencías co Rubio e a Sara e lo pra a casa comer zorza os tres e falarmos do ghato que chegha hox e que ten á Sara toliña.
Aaaahhh! E tamén tuven unha conversa quinindiola con Outeiriño sobre tradución. Impressing

A próxima
Ata a seguinte (este sábado no Xolda de Pontevedra ás 23:00, cos Puta Miseria).

Saúde e Anarquía