6.19.2013

xira arremecághona_ostiá! xira '13/'14

arremecághona's produçións volve facer a 13/14 dacabalo destes dous annus horribilis. Rocanrol comprometido e asilvestrado, de barricada e silveira, sobre acochos no monte e amores de cans/cadelas de palleiro.


Rocanrol baixo sospeita. Un arsenal de ideas e ferralla, con referentes de aquí e do lumpen, a chatarra mental dos que non dan saído do lixo. Un alixo de lixo contra os incautos que pretendan incautalo.


Acompañado do Tomás Ageitos á batería ou só co tambor-lavadora ante o perigo, o nervio e a neurona esvaradía e o mojo descontra a morte son máis ca nunca.

As letras, coa única puntuación dos transportistas aos que lles calla o cemento no camión cisterna, bravas.

Con doraemon, as riot grrrls, o galiñeiro dos goma2, rosalía, chuck berry, suso vaamonde, bo diddley, anarkiro, corina porro, os ramóns, joe estrume, i wanna (a iguana), os sonics, a contraminacción, hasil adkins, o hevi sector do metal... metidos nun saco paco.

Mexan por nós / e temos que dicir que "es una lluvia dorada"!
na terra,
mes de san xoán de '13/'14

o leo