5.29.2007

Miúdo e Ferlós, semana picheleira

Volvemos á bisbarra de Compostela, por derradeira vez antes do verán, para levar a Xira E Aghomita! até o Miúdo, na rúa das Entrealgalias, na zona vella, e o Ferlós Café, en Bertamiráns. No Miúdo, xoves 30 de maio, ás 22:30. No Ferlós, venres 1 de xuño, ás 23:00. Vamos, pasado mañá e pasado pasado mañá. Prevese estrea dalgún tema novo...


Ultimamente sempre me rompe unha corda. A ver se así esconxuramos a cousa.

Mirámomos alá.

5.03.2007

Un Meuespazo.com e para alén Minho

Aquí tendes dous temas de estrea, xunto con dous vellos amigos meus, subidos no myspace.com/arremecaghona que veño de estrear para estas lides de adiantar cousiñas. Fan parte de Aghomita, campión!, do que só faltan por gravar tres peciñas de nada.


Bilingüismo harmónico gravouna o grandísimo Eladio Santos, de Elodio y los Seres queridos e Pareja de Hecho, así como Medusa e unha chea de bandas que mete vertixe e admiración enumerar. A banda, os Puta Miseria grazas aos cales sigo a tocar por Galiza adiante, e tamén Rosiña de Essenzia de Lapo.


A versión de Andrés do Barro, Vou a Bueu, gravouna no Val do Dubra, corazón da Coruña, o mestre Jacobo, que tamén gravou xente que admiramos un feixe, como Samesugas, The Homens ou os Redullos. A banda que teño en Bueu é o meu Kolhoz da alma, que xa me acompañaran no Apologhit de arredor dun colchón rebentando limiares de distorsión de programas de gravación caseiros, e que desta volta emocionáronme de verdade, porque me demostraron un apoio incondicional en horas baixas que estou moi lonxe de merecer.

Aí vos vai!

E sábado tocamos en Coimbra, grazas á Plataforma Galiza-Coimbra, cruzamos o Minho por primeira vez, que non é igual ca tocar no estranxeiro, como fixemos cando foramos a Donosti, hai unha chispa de anos ;-)

Mirámonos

5.01.2007

Aí vén o maio

Hai quince días tiña namais un concerto posto para este mes que hoxe comeza co día dos que choiamos e coa okupación dun tren (ánimo, compañeiros). Hoxe hai fechadas sete datas e unha oitava pendente:

Sábado 5, Plataforma Galiza-Coimbra, Coimbra
Venres 11, C. S. Faísca, Vigo
Sábado 12, Casino de Maniños, Fene
Mércores 16, Pub Baranda, O Barco de Valdeorras
Sábado 19, Pub Rañolas, Gondomar
Xoves 24, feche de campaña da FPG, Vigo
Xoves 31, O Miúdo, Compostela



Mirámonos alá