5.03.2007

Un Meuespazo.com e para alén Minho

Aquí tendes dous temas de estrea, xunto con dous vellos amigos meus, subidos no myspace.com/arremecaghona que veño de estrear para estas lides de adiantar cousiñas. Fan parte de Aghomita, campión!, do que só faltan por gravar tres peciñas de nada.


Bilingüismo harmónico gravouna o grandísimo Eladio Santos, de Elodio y los Seres queridos e Pareja de Hecho, así como Medusa e unha chea de bandas que mete vertixe e admiración enumerar. A banda, os Puta Miseria grazas aos cales sigo a tocar por Galiza adiante, e tamén Rosiña de Essenzia de Lapo.


A versión de Andrés do Barro, Vou a Bueu, gravouna no Val do Dubra, corazón da Coruña, o mestre Jacobo, que tamén gravou xente que admiramos un feixe, como Samesugas, The Homens ou os Redullos. A banda que teño en Bueu é o meu Kolhoz da alma, que xa me acompañaran no Apologhit de arredor dun colchón rebentando limiares de distorsión de programas de gravación caseiros, e que desta volta emocionáronme de verdade, porque me demostraron un apoio incondicional en horas baixas que estou moi lonxe de merecer.

Aí vos vai!

E sábado tocamos en Coimbra, grazas á Plataforma Galiza-Coimbra, cruzamos o Minho por primeira vez, que non é igual ca tocar no estranxeiro, como fixemos cando foramos a Donosti, hai unha chispa de anos ;-)

Mirámonos

4 comentários:

Ghrupie de Punkxón disse...

Por fin O Leinho no meuespeis!!!! Moi boa, e completa, versión de Andrés, cada vez q a escoito hai algo novo. E mira que a escoito. O que pasa é que agora este sábado xa non sei que facer: se copas, se birras, se licorcafé, se... "ó carallo, mándolle de todo e a ver que pasa."

de volta... disse...

Leo, teño unha fotos tuas, algunha delas da miña primeira actuación en directo na sala ¿seven? en Redondela, e uns videos q se ven bastante ben e estan completos. ¿Como lle podemos facer para que os teñas tamén ti? Se non damos feito a ver se podo ir ó Rañolas en Gondomar e levo o CD.

eue disse...

Ei, graciñas, Punk Son de Punkxón, ;-) Andaba eu algo escéptico co tema pero en fin, parece que si, que xa hai xente que lle vai molando.

Ei, De Volta, que guai mirarte por aquí. Se podes ir ao Rañolas sería a hostia, e así xa aquelabamos. Se non, tamén me podes escribir a arremecaghona@gmail.com e combinamos un día. Eu hoxe e mañá (luns e martes 7 e 8) vou estar no Centro Social a Formiga, entre Vigo e Redondela, mañán e tarde, gravando unha curta, se queres pasa por alí.

Anónimo disse...

Noticia sobre o recital de NOVA POESIA GALEGA este sábado en Maniños en:

http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/radiofene