5.29.2007

Miúdo e Ferlós, semana picheleira

Volvemos á bisbarra de Compostela, por derradeira vez antes do verán, para levar a Xira E Aghomita! até o Miúdo, na rúa das Entrealgalias, na zona vella, e o Ferlós Café, en Bertamiráns. No Miúdo, xoves 30 de maio, ás 22:30. No Ferlós, venres 1 de xuño, ás 23:00. Vamos, pasado mañá e pasado pasado mañá. Prevese estrea dalgún tema novo...


Ultimamente sempre me rompe unha corda. A ver se así esconxuramos a cousa.

Mirámomos alá.

8 comentários:

Iván disse...

o joves é trinta e um. como andamos... :P

eue disse...

Contra, é verdade. Mi ma, rectifico: o xoves 31, ou sexa, hoxe.

Ex Traño disse...

Jrasias, jrasias y mais jrasias, onte stiven no miudo i foi a ostia bendita, realmente teño maniotas na mandibula a cachola reventame ( pero eso debe de ser polas birras)
un espetaculo... y saludos de Booorja!!!
oes o final fuches a birras ou a copas?

eue disse...

Hahaha! Ghraçias a ti.
Ao final, como di a cançión, "mandeille de todo e ao carallo".
Estounas paghando aghora no choio... ;-)
Pero que ben o pasamos.

albagal disse...

Ouvin mui bos comentários sobre ti e é a primeira vez q entro no blog e a verdade e que dam ganas de ver-te em concerto! A ver si vés tocar polo Morraço.

Ah! E si que fode, quando se rompe umha corda..

Saudaçons.

Herbeira Má disse...

Polo Morraço habemos de ir. Xa estiven aí na Tiradoura, en Cangas, haberá medio ano ou así. Teño que falar con eles para mirar de volver, co espectáculo novo.

Unha aperta e graciñas polo interese.

besbellinha disse...

leooo estoume esperrechando co Vou a Bueu, eres grande!!!! ahahahaha

eue disse...

Graciñas, moza!
A ver cando cadramos noutra. ;-)