10.30.2008

Sábado, 2 Ourense; sábado, 8 Tebra (Tomiño)

Xa foron alá varias cuchipandas que non me deu tempo de postear, pero agora xa teño conexión de meu aquí no sur. Fomos a Cangas, á Tiradoura, o García máis eu pedir que non lle boten máis cemento á ría. Tamén os dous, despedimos o local da casa encantada na rúa de Betanzos a través da Kalimera. En Xinzo, xuntámonos pra facer un recital das Redes Escarlata no Aguilhoar, un exemplo máis dos vizosos centros sociais que inzan o país. Alí toquei como Arremecághona, despois de facelo no instituto o día antes, onde tamén lles recitei sentado no báter, e ese mesmo día pola noite na Laracha, onde o Antón me tratou tan ben coma sempre. Bo sitio. O Festivalazo de Monterroso, que este ano se consolidou como un dos máis interesantes de Galiza, xunto co Artenativa de Valga. De aí esta fotaza, cos Novidades Carminha, que me fixo a Clara e que creo que é a mellor que me tiraron na vida:


Tamén fixen un pouco o punki no recital "Denantes mort@s que solemnes", título co que cada vez estou máis de acordo, nos Encontros de Mariñán. Batín dúas veces o récord do concerto máis breve do mundo, na Coruña e en Salvaterra (7 min sen poemas e 9 min con poemas respectivamente). O día antes recitei noutro C.S. mítico, no aniversario do Artábria do Ferrol de ferro. E creo que inda me queda algo atrás.

Así que, imponse época de reflexión. Aforraremos enerxías de aquí a primeiros de ano para ter algo novo que contar. Así a todo, aínda podedes ver o espectáculo en Tebra 0 día 8. E o dos Labregos do Tempo dos Sputniks, co irmán García de Dios ke te Crew, en Ourense, noutro dos centros sociais que mellor funcionan do país: A Esmorga, en Ourense.

Mirámonos