10.30.2008

Sábado, 2 Ourense; sábado, 8 Tebra (Tomiño)

Xa foron alá varias cuchipandas que non me deu tempo de postear, pero agora xa teño conexión de meu aquí no sur. Fomos a Cangas, á Tiradoura, o García máis eu pedir que non lle boten máis cemento á ría. Tamén os dous, despedimos o local da casa encantada na rúa de Betanzos a través da Kalimera. En Xinzo, xuntámonos pra facer un recital das Redes Escarlata no Aguilhoar, un exemplo máis dos vizosos centros sociais que inzan o país. Alí toquei como Arremecághona, despois de facelo no instituto o día antes, onde tamén lles recitei sentado no báter, e ese mesmo día pola noite na Laracha, onde o Antón me tratou tan ben coma sempre. Bo sitio. O Festivalazo de Monterroso, que este ano se consolidou como un dos máis interesantes de Galiza, xunto co Artenativa de Valga. De aí esta fotaza, cos Novidades Carminha, que me fixo a Clara e que creo que é a mellor que me tiraron na vida:


Tamén fixen un pouco o punki no recital "Denantes mort@s que solemnes", título co que cada vez estou máis de acordo, nos Encontros de Mariñán. Batín dúas veces o récord do concerto máis breve do mundo, na Coruña e en Salvaterra (7 min sen poemas e 9 min con poemas respectivamente). O día antes recitei noutro C.S. mítico, no aniversario do Artábria do Ferrol de ferro. E creo que inda me queda algo atrás.

Así que, imponse época de reflexión. Aforraremos enerxías de aquí a primeiros de ano para ter algo novo que contar. Así a todo, aínda podedes ver o espectáculo en Tebra 0 día 8. E o dos Labregos do Tempo dos Sputniks, co irmán García de Dios ke te Crew, en Ourense, noutro dos centros sociais que mellor funcionan do país: A Esmorga, en Ourense.

Mirámonos

11 comentários:

albagal disse...

Non paras, raparigho!

A túa idade xa me ghustaría ter a túa vitalidade, hehe!

Acougha un pouco que logho non te acordas de a quen ves, como eres como dios e estás en todos lados..

Vémonos, un saúdo.

Anónimo disse...

ola, leo!

gustoume moito encontrar o teu blog. plo que se ve non paras. a ver cando volvemos a coincidir por algun lado e tocamos algo xuntos, ainda que sexa en jam session, identificome moito coa personaxe da folklorica-acrata-punki.

unha aperta e a seghir asi

non sexas duro cos chavales, jeje

Xulio disse...

Podes precisar a ubicación (no espazo e no tempo ) do espectáculo de Tebra ?

eue disse...

Pois si, Tebra queda no concello de Tomiño. Ti pregunta polo Centro Cultural de Tebra, que é onde se fai o Magosto da Asociación, a causa pola que toco (enriba do remolque dun tractor ;-) O Magosto comeza aí ás 8 da tarde e o meu concerto por volta das 10.

apertas, xulio

Anónimo disse...

moito enredas ou!!! Polo Morrazo gustamos do teu concerto co García, aínda que non houbese libros ás 7 da mañán como noutras ocasións. Unha cousiña só...penso que Marilús Palmás, a grande repentista que coñeceches na Tiradoura merece un post ou fichar por Arremecághona pró ano que vén...

saudações hionenses

Lolo de Untes disse...

respeito da tertulia que preguntabas o outro dia é unha que facemos os estudantes de filosofia de primeiro, consiste en seleccionar un tema por unha persoa e logo comentar as nosas ideas sobre el. se quer pasar algun dia a tomar unha birra con nós avisa e concretamos lugar e hora.

saudaçaos

Arredista disse...

Seica o fim de semana do 6 de decembro estas secuestrado em Compostela e vas a presentar umha festa de etarras.
Vemonos

eue disse...

;-) Pois si, alí estaremos. Que tal pola outra banda do mar, capullo! Xa me contarás

saltimpunkita disse...

cómo mola a foto!!!

a ver cando facemos unha festa rachada desas no piso, e habémosche canta unha nana!

eue disse...

Bua, non che sabía deste teu alias virtual! Vaiche que nin pintado ;-)

Hai que tomarlle unhas, si, sempre

sfxporn disse...


Hırsızlar genç kızın evine zorla girerek, hatuna 2 kişi sert porno yaparak tecavüz ve taciz adı altında bangbros sex yaparak sikiyorlar