8.20.2008

Arremecaghona's Produçións: Xira de Vran d'O Leo, o Leio e o Arremecághona!

Pois xa van alá varios concertos, muitos que non puiden postear porque na casa de mamá non hai conexión rural á Internet. E amais que o vran aínda non comezou ou polo menos eu inda non o vin (tamén pode ser porque de noite non se ve o sol e ás mañás refresca).

Agosto

Venres 22, Valvoa Red Festival, Francelos (Ribadavia)
Sábado 23, Queimada punk no C.S. A Formiga
Domingo 24, á mañá, O Leio na Romaría do Pote (Fene)
Sábado 30, Concerto de Homenaxe a Carlos do Roi Xordo (Allariz)

Setembro

Venres 5, Festival da Poesía de Salvaterra, O Leo fai anacos do Espectáculo Multimerda de Hai cu.
Sábado 6, Festival da Cañiza (A Cañiza)

Mirámonos aló

13 comentários:

Tetembuatubia disse...

Desta mirámonos en Salvaterra, xuro. Sou eu, meu, que non teño gana de andar a mudar de alcume outra vez. E así tamén ves o blogo novo. Vendinme ao inimigo, só en parte. (`_^)

fernando disse...

eiiii!!! son un rapas que tal ves recordes...cando viñeches a un instituto(proval,en nighran)apresentar o teu libro "hai cu" e pediches que subera xente a cambio dun libro,e eu toqie un tema dun amigo teu... weno non sei que mas dicirche.Queria pedirte (cando non teñas vaghansia enriba) que deisaras os acordes dos teus temas no blog para asi eu aprendelos e ir proclamandote por ai jaja e sobre todo deixa a canson do vagho, que eu me sinto identificado... weno amigho aber se te pasas algunha vez mais por aqui ou tocas algun concerto por ghondomar porque me encanta a tua musica... weno o meu hotmail e (para estar conectados) ferky_006@hotmail.com chamome fernando,ante todo

eue disse...

Ei, que tal, Fernando. Si, xa me acordo de ti e das Proval, como non, sempre me tratastes moi ben aí. Pois é moi boa idea esa de pór os acordes. Vouno facer. Moitas grazas por ocorrérseche e por dicirmo.

Aperta

Ghrupie de Punkxón disse...

Leo

Despois dunha grande conversa esta noite, chegamos á conclusión (efluvios etílicos aparte e Koito ergho sum "a capella" pola miña parte) de que deberías volver tocar polo Val Miñor (uníndome á petición de Fernando)

Por certo (e re-uníndome de novo á peticíón de Fernando) deberías por os "tabs" das túas cancións para que a xente non me teña que aturar "a capela". Por certo, de Koito de de Kastrapo so me faltan os estribillos, ó resto doulle duro... pero as demais

Por certo Fernando, a cançión do vagho empeza en Sol e logo un Do rápido ¿non Leo?


Unha aperta

Escoito a Leo ergho sum

eue disse...

Que tal, meu! Pois si, hai que aquelarlle unha data aí no Bar Patos ou no Marrucho.

A canción do Vagho está tirada: é sempre SOL-DO-RE. O DO e o RE duran a metade ca o SOL cada un. Na parte do desfase total, a cousa alterna SOL-DO-SOL-RE-SOL-DO-RE rápido en plan ska e caos total X-DDD

Ale, a ver se nos vemos

albagal disse...

Pff, como quedaron *s rapaces da Limia, adórante..

En fin, a cansión do vagho debe ser o teu xeito de vida, pq mira q non actualizas..

Un beixo, xa nos veremos, cóidate!

fernando disse...

pos moitas grazas leo polos acordes xa ma aprendin... weno que tamen iache dar a enoraboa polo libro de hai cu jaja e moi bo,rinme moito...
weno pois iso...grazas polo tema.
e si pasas polo instituto ou por val miñor que poderias traer a camiseta tua que non sei onde se vende...se ti sabes onde se vende por aqui dimo que ma qero pillar...
weno tio,deica logo

GALIZA C&B//POWER POP jaja

eue disse...

Aléghrome, Fernando.

Ando argallando aí para conseguir unha data por Praia América ou así, ao mellor en Gondomar... Xa avisarei aquí no blog. E graciñas polo interese, meu. Ah, a camiseta deseñárona uns colegas de aí, do Val Miñor tamén, de PunkXón. Na parte esquerda do blog tes os debuxos, que se poden descargar e levar a un sitio que fagan camisetas. Eu, así a todo, teño pensado facer algunhas para levar aos concertos.

Que ben o pasamos en Xinzo, Albiña, mi ma, que finde máis adivertida!

Anónimo disse...

e en novembro? cando pos a proghramasión de novembro?

eue disse...

Hehehe, correcto.

É que a miña axenda de concerts está perdida nunha chupa no Rivendel de Lugo (San Froilán, San Froilán...) Pero está localizada e habemos colocar o tema despois. Polo que me acorda, o sábado un estou con García de DKTC no Esmorga de Ourense e o 8, sábado tamén, en Tebra (Tomiño), no Magosto.

Apertas

aNinha disse...

Leo! Mira que estares e Xinzo en non te ver...e voute atopar en Santiagho! Manda caralho! Igual non me recordas...son a morninha de olhos claros...Haha. Un saúdo, e gracias por emprestarme a túa chaqueta carghada de libros!

atopar disse...

Anunciate Gratis en Galego


www.atopar.es "Anuncios en Galego"

Nietzsche disse...

ei leo!!! minha mais sincera noraboa polas cançions que fas, pero igoal que fernando gostaria de que carregases os TABS no blogue para aqueles melanómanos que gostamos da túa musica.

sse che apetese vira unha voltinha pelo meu blogue e se ves que tal nos pomos en contato para o das TABS

beijinhos

xacobe