5.06.2009

Arremecághona's Produçións presenta a Todos Metidos nun Bote Tour 09

Énos imposible ocultar a bomba durante moito tempo máis. A cousa lévase sabendo xa dende a Candeloria, en que os distintos integrantes d'O Leo i Arremecághona! comezaron as súas carreiras por separado. Isto é a primeira vez que lle pasa a un cantautor, que se separe. O Leo de Matamá (1947, nacional-popular, Charanga Unipersoal, pai), O Leo i Arremecághona (1974, ácrata, punk, himself), O En-Riquinho (1974, apolítico de esquerdas, pop-pijo, irmán) e o Leíño i Arremecághona (1992, antiglobalización-botellón, hip-hop, fillo) constitúen a produtora Arremecághona's Produçións. Outro chiringuito familiar galego máis, vamos.

Velaquí unha mostra do En-Riquinho:


E velaquí as datas da Tour, en que van ir de abreconcertos uns dos outros:

Maio
Xoves 7, Compostela, Malas Pécoras, 22:00
Venres 8, Madrid (España), Kabokla, 22:30
Sábado 9, Festival do trece-catorce, Salceda de Caselas, 20:00
Sábado 23, presentación do Castañazo Rock 09, Sala Mogay, Chantada, 23:00 h
Venres 29, Faro (Portugal), Universidade
Sábado 30, Faro (Portugal), algún pub de alí

Xuño

Venres 5, Trier (Alemaña), Universidade

Mirámonos aló