10.22.2009

Recta final

Aí vos van os últimos concertos da produtora improdutiva Arremecághona's Produçións até a Candeloria.

Até a primavera non volveremos tocar en directo, só nos Institutos, na Xira Escolar "Barricada de Pupitres", que bota a andar o venres 30 nun sitio que non digo porque é sorpresa. Metémonos no estudio para sacar por fin algo gravado.

Outubro
Sábado 10, Certame de Regueifa de Valadares, Verbum (Vigo), 19 h
Sábado 17, previa da manifestación pola lingua do 18, Praterías, SdC, 18 h; recebimento aos presos independentistas Santi e Xosé, Toural, SdC, 20 h
Sábado 24, Castañazo de Maceda
Sábado 31, presentación do disco de Pito de Pikasso, Sala Moon, SdC; pub Taboga de Pontecesures

Novembro
Venres 6, sala Clan, Xinzo de Limia
Sábado 7, Festival de Bembribre (Val do Dubra)
Venres 13, inauguración da Ghudalla, novo C.S. de Moaña
Sábado 21, Festival A Rebusca de Manzaneda


Mirámonos aló

10.07.2009

I'm on my way to Coristanco...

Dentro da miña estratexia de me ir achegando cada vez máis a Coristanco como terra liberada, esta finde andámoslle preto:

Bar Tentación de Carballo (si, si, o de Javito de Gran Hermano!), venres 9, 22:30 h, dentro do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo
Museo Verbum de Vigo, dentro do Certame de Regueifa da A. C. de Valadares, sábado 10, 18:00 h
C. S. Gomes Gaioso da Coruña, 22:00 h

Mirámonos aló

10.01.2009

Vou em Lisboa (e tamén en Compos e Vigo)

Olá, gente. Aqui vai o cartaz da apresentaçom em Lisboa:


Mañán en Santiagho de Compostela, na presentación da Rádio Kalimera.

E passado em Portugal uma outra vez (Vigo), onde nasci, por isso é que escrevo assim de bem.

Mirámonos