Velaquí ese grupo de acción festeira que é o kolhoz, ou unha ampla representación del, que gravou comigo a versión dese temazo de Andrés Do Barro, Vou a Bueu, un dos temas máis tolos e delirantes da música galega. Agora anda a mesturalo no Val do Dubra o Jacobo, mestre do son de referencia no punk rock galego. O disco enteiro de versións de Andrés do Barro, polo que sabemos, en xuño, en Falcatruada.
Tamén tocamos o sábado en Redondela, co que estreamos no concello a Xira E Aghomita!
4.26.2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Cantas ganas de escoitar esa versión!!!!!! Colgarala na páxina?
Aquí en Panxón non da chegado o 30 de Xuño para verte no clandestino. Se non ves a Panxón non ves non ves... ven ven ven ven ven ven.
P.D.: Tal como iba dicindo...
Hahaha! Se hai que ir a PunkXón vou inda que non sexa nun bou, coma o Andrés. Xa me tarda a min tamén. Ao mellor fagho unha tirada de camisetas das vosas para os concertos, como o vedes?
Ah, e si que vou subir o tema. Todo o que fagho ou pódese descargar de balde ou non o fagho.
Camisetas para todos!!! Nós fixémolas porque non había merchandaisin oficial. Cant@s máis mellor. "... e ti, xa es do Leo? Vístea!!"
P.D.: Colle outra Estrella Ghalicia e ven bebela xunta nós
Enviar um comentário