12.15.2005

Afoto do Maghosto

Acaba de nos chegar unha foto orixinal do Magosto do Foro da Mocidade, posteada en http://derdeiqui.blogspot.com


A Píntega évos unha fotógrafa ben boa, ou cando menos precisa. Xa ela di que a foto está un chisco escura, pero é que me colleu xusto nese momento cumio en que saco a ligha coa bandeira de españa segundo miña nai: coas cores do rivés.

Creo que vou inaugurar unha sección fetiche: fotos da ligha, dos pendentes, da camiseta do club de fans de Punkxón (nova versión do topónimo), etc. Moi kitch.

En breve, as letras dos temas. Estou a piques de subilas.

Ah, por certo. O concerto de Amil foi pó carallo (para o lego, que diría o meu compañeiro de piso, o Rubio). A comisión da asociación censurou o espectáculo. Así a todo, graciñas á Fátima, que aínda se moveu polo tema, ata que os tales lle tocaron os ovarios.

Saúde e anarquía.

3 comentários:

eue disse...

Que se vexan, que se vexan... Mañá tesmas que traer, eh? Pághoche CD

Anónimo disse...

Hai que ver que moñas relambidos che son no Lérez... Eu que pensei que ía volver tocar pola miña terra!!! Xa lles dixo que ten actuado para cativos de oito anos?

eue disse...

Éche así. Non hai que facerlle. A censura está nos que opinan pola xente, nunca no público mesmo, iso téñoo comprobadísimo