Xa foi. Volvín facer o tolo diante da plana maior da USC. Iso é o que pensará moita xente. Eu creo que intentei dicir algo con modais de tolo, coma sempre. As dúas oracións son correctas, é máis, significan exactamente o mesmo.
A crítica
É do Pitiño, n'O Pitiño: http://e150d.blogspot.com
Amenizou o acto coa súa música o gran cañautor Leo i arremecághona, aínda que a canción non era das que máis me gustan del; son textos intelixentes que merecen ser oídos, descargados e difundidos (poden facelo desde o seu blog/blogue/blo).
O tema
Tripádeme as tripas!
A miña sensación
Faltoulle ensaio á versión nova (a que cantei) de Tripádeme as tripas!, porque antes ía toda con distorsión.
O lado positivo é que toleei mogollón e moloume mazo o momentazo de sacar o micro por dentro da manga dereita do traxe, unha vez sen el, para berrar o último NON.
Incidencias
Logo uns mencías co Rubio e a Sara e lo pra a casa comer zorza os tres e falarmos do ghato que chegha hox e que ten á Sara toliña.
Aaaahhh! E tamén tuven unha conversa quinindiola con Outeiriño sobre tradución. Impressing
A próxima
Ata a seguinte (este sábado no Xolda de Pontevedra ás 23:00, cos Puta Miseria).
Saúde e Anarquía
12.01.2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Non hai lugar para a crítica, nin construtiva. Es máis grande ca Piñeiro... un comunicador, veña un saúdo e unha aperta, estivo todo moi ben se non fose polo tipo ese que gañou o concurso. Para a próxima transcribe a conversa con Outeiriño...
Hahaha. Velaquí un caso de anonimato asinado. A conversa co Outeiriño foi a hostia: tradutoloxía, case nada
Enviar um comentário