8.14.2009

Datas en vistas e material do En-Riquinho

Hallo!

Pois nada, que mañá imos a tropa de Arremecaghona's Produçións Todos Metidos nun Bote para Xinzo (polo río Limia arriba será, por que se non...), ao Festival da Mocidade de Xinzo, que organiza o Aguilhoar na praza de Oriente a partir das 17:00 h.

O 3 de setembro tocamos nas Xornadas de Cultura Libre co tremendo Breo, que xa teño gana de coñecer, no Centro Social O Guindastre de Teis.

O sábado 19 de setembro en Allariz no Reperkusión, seguramente pola tarde na praia de Acearrica, para termar da resaca do venres, que vai ser boa...

E algunha cousiña máis que se está argallando e da que xa avisarei...

Temas Novos
E velaquí vos deixo os enlaces aos dous primeiros temas que podedes escoitar do En-Riquinho:
Eu nunca serei yo: http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1620/62/
Cançión popop: apologhit.vieiros.com

Mirámonos aló

4 comentários:

BanAna & AppLe disse...

Gran actuación na Limia, escachamos a rir, coma sempre. Saúdos dunha admiradora.

Anónimo disse...

a que hora tocades no Guindastre ?

eue disse...

No Guindastre inda non o sei, pero non pode acabar moi tarde polos vecinhos, asi que eu calculolle que ser'a 'as 10.

francisco disse...
Este comentário foi removido pelo autor.