7.21.2009

Localizable

O venres 24 na Romaría de Sargadelos, en Burela.

O sábado 25 na carpa Café-Concerto do Festigal de Compostela.

Até que me fagan o cambio de compañía de telefonía móbil, despois de que Vodafone me tivese unha semaniña enteira muiñeira sen mancontro, no:

666 35 66 15

mirámonos

8 comentários:

Lokislo disse...

Así que ti es o profesor da minha irmá XD como mola!!! eu quero una así tamén XD


Saúdos!!! A túa música non está nada mal =P

Anónimo disse...

Onte foi espectacular Leo, Parabéns.

Casdeiro disse...

Súmome de novo aos parabéns, Leo. Foi un show histórico!! Do melloriño do Festigal con diferenza! Espero poder volver desfrutar axiña dalgún outro "ao vivo"... e espero que esas versións das que falamos estean de contado dispoñibles para os galego de acó de aló.

Por certo, sería caralludo dispoñer das letras das túas cancións. Telas colgadas nalgures?

Galiza Ceibe! Power Pop!!

quemeimportaamin disse...

Ponme aí Sargadelos - Cervo que logo volvemos ás barricadas, jaja.

Apertas, meu.

(Por certo, déboche unha camiseta da Romería que cha tiña gardada e fóiseme o santo ó ceo. A ver se coincidimos un día pola capital e doucha. Ah! E xa teño encargado o disco de Emilio José, criminal machiño.)

Salú!

eue disse...

Emilio José, crack. É a hostia.

Graciñas a tod@s por facermo pasar tan ben o 24 e o 25.

As letras de Suspiros de Kaña antes accedíase a elas no menú da esquerda deste blog, non sei se seguen dispoñibles, pero deberían.

aperteisons

anaidotrasno disse...

O do 25 foi incríble!!!! Era a primeira vez que te oia en directo, tamén o meu carrouchiño de 7 anos, fuches todo un "descubrimento" para os dous. Xa che dixen que chorei como unha meniña coa última canción... eres GHRANDE!!!
Chuchos.

cpbranko@yahoo.es disse...

ketal leo, somos Blanko e Ana do kalvario,,vimonos na koruña tomando unha kaña a semana logo do koncerto no Gindastre.saka o disko xa!!!!!!!!!!.Sau2,deika

anadokalvario disse...

Ola, chegan as navidays e Gusi luz prende a bombilla...Ein! quero concerto homenaxe xaaaaa!!!! E tamén se pode ser, e poño con isto en copia ó Papa Noel para que vaia tomando nota, pois que me gostaría escoitar algo sobre a Nancy ou Barriguitas, as miñas monecas de nena, engadindo ó seu mozo Lucas, tío mono en descapotable que non tiña piroliña...
En fin, ole polas monecas de Berjusa que tamén se achegan a este portal, para darlle o Leo e compañía saúdos e Bó Nadal, calqueira que sexa a relixión que lles teña comido o miolo.
Bicos neles pois.
Ana do Kalvario