9.22.2009

Boas tardes, Coristanco!

Aquí vos deixo unha foto vosa (e do En-Riquinho) que tirou o Álex Bragaña no Reperkusión de Allariz.


Mirámonos!

9 comentários:

Alex Bragaña disse...

Obrigado polo detalle, Leo. Na miña casa chámannos Bragaña, pero ti escrebe como queiras. Saúdos!

patricia disse...

Un espectáculo moi bo!!deixáchesme abraiada con Coristanco! Non sei se te acordaras de min, coñecémonos pola noite presentounos Irene,rinme un cacho grande contigo.Foi un pracer. Saúdos dunha carballesa, vémonos polos bares!

eue disse...

Vaia, desculpa aí, ho, que me deu unha dislexia momentánea co teu apelido ;-) Obrigado pola afoto

Foi alí onda os postos da comida, non? Si que me acorda, graciñas, carballesa (que ben falades os/as de alí, nearby Coristanco)

dende a periferia disse...

que grande o Álex Bragaña e que máis grandísimo o Leo. Son a súa cheerleder nacida en Coristanco (dio o carné de identidá), residente en Carballo e inmigrante en Bertamiráns máis incondicional!

eue disse...

Buah! Por fin coñezo alguén natural de Coristanco! Sodes unha metonimia da Galiza (e a Bertamiráns tamén lle chega ben, sería a metonimia da Galiza urbana ;-)

apertas

dende a periferia disse...

Natural, natural non che son, pero había cola no rexistro de Carballo e meu pai só tiña os dez minutos do bocadillo para me rexistrar, así que camiño da obra, parada técnica en Coristanco, inscribir a Luz Cures, que total, xa ía saír como saíu, pouco máis daba onde a puxera (e desta historia só me enterei cando fun facer o carné, alá polos 17 anos). Pero síntome pataqueira a morte!!!

eue disse...

Hahaha! O que a ti non che pase, meniña... Outra esperrechante historia máis da Luciña. Tes que facer un libro, ou un monólogo, de verdade. X-D

E isto confirma unha teoría miña máis: ninguén é realmente de Coristanco. Levo todo o verán pedindo nos concertos a ver se hai alguén de Coristanco e todo o mundo ten familia, cáelle preto, etc., pero ninguén é realmente de alí. É coma Londres.

patricia disse...

Nativos/as de Coristanco haiche uns cantos, non debes buscar ben!! eu no Reperkusión xa me atopei a dous. Malo será que cando pases por Carballo non coñezas ningún!!

Uma (não a Thurman) disse...

Finalmente vi um espectáculo teu!
Acho que vira outro em Compostela, décadas há... mas nom sabia que seguias "em activo".
Simplesmente: es genial.
Obrigada.

Algum dia hei apresentar-me, qual groupie porque conhecer conhecemo-nos (miramo-nos) de longe ;)

Saúde.

P.D.: tinha uma amiga de Coristanco-Coristanco... chamava-se... Charo... isso! Charo. "-Aqui Charo, aqui um artistaso."