O día 6 do mes que entra, maio, toco no festival Rock do Mosteiro de Oia, xunto cunha selección ben xeitosa de bandas punks do sur e centro de Galiza:
O tema comeza ás 19:00 h, pois, do sábado que vén. Nunca toquei en Oia, a pesar de me coller ben preto da casa matriz, e este é un festival caralludo para empezar. O concerto vai ser ao pé do mosteiro cisterciense de Oia, que é unico en Europa. Fronte ao mar.
Se o tempo que me deixen dá para iso, estrearei a miña versión bilingüe-harmonica do Should I Stay dos Clash, que o outro día no Ambigú non puido ser. Lémbrovos que quedou para o venres/sexta feira, día 2 de xuño.
Vémonos alí (en Oia e/ou no Ambigú).
5.01.2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Os Ghrupies de Punkxón estaremos dando guerra ó pe do escenario ata quedar sen folgos. Ata o sabado
Mola, mola, mola!!!
Xa tou arroupado, logo. Por certo, que vou subir un día destes unha foto desa supercamiseta que me fixestes, e que sacarei no concerto, xaora.
Vémonos, meus.
[Por certo, que o anterior comentario era meu, pero revelaba a miña "outra" identidade, hehehe].
Enviar um comentário