9.17.2009

Setembro-Outubro-Novembro e Barricada de Pupitres

Ale, que xa acabou o verán, que xa me entra a chuvia pola caluga, que mecaghoindiola xa e que aí vos van as datas confirmadas para este trimestre:

Setembro
Sábado 19, Reperkusión, praia de Acearrica (Allariz), 18:00 h, de balde
Venres 25, A Taberna (Cerceda)
Sábado 26, Festival contra o porto deportivo en Massó (Cangas)

Outubro
Xoves 1, Universidade de Lisboa
Venres 2, presentación da nova grella da Radio Kalimera, Sala Nasa (Compostela)
Sábado 3, Xornadas de Cultura Libre, C. S. O Guindastre (Teis-Vigo)
Venres 9, Sala Tentación, Festival de Teatro de Carballo (Carballo)
Sábado 10, C. S. Gomes Gaioso (A Cruña)
Sábado 24, Castañazo (Maceda)

Novembro
Sábado 7, Val do Dubra (Bembibre)
Sábado 28, Moaña

E, como demostra este gráfico, estamos preparando a xira xuvenil Barricada de Pupitres, aberta a contratación para institutos a través de arremecaghona@gmail.com, o tlf. 605 23 68 46, Facebook e Myspace. Dálle a brasa ao/á teu/túa profe de Galego e/ou nacionalista/anarquista para que nos leve a tocar ao teu instituto!

Mirámonos aló

6 comentários:

manuel disse...

Jrande Leo!!

Aquí un fan teu. Son Manolo do Morraço; que falamos de Xurxo Souto, Som do Galpom e heredeiros Da Crus en Allariz. Se cadra non te lembras, pero ti dixéchesme: saúdeme sempre; e iso fago eu: saudarche!je je

A seguir así agora que venhen tempos algo difíciles pra isto da arte en galego.

a ver se podo ir a Cangas a berrar contra Massó!!

Saúde

eue disse...

Xa lembro, Manolo. Vente alá ao de Massó, ho, que fai falta apoiar á xente. Os cartos son para pagar as multas, que é a nova forma de represión do poder.

soncheu disse...

Ai que beeen, por fin en Vigo(e eu entérome)!O que pasa é que teño unha dúbida:Nesta entrada dis que tocas o día 3 de outubro e na anterior o 3 de setembro...é un erro?tocas os dous días?foi en setembro e xa mo perdín...?(Dime que é o 3 do mes que veen!) Ah por certo,que eu chámome Paula e son ex-alumna do Terra de Turonio(en Gondomar)vinte cando tocaches alí.Saúdos!;)

eue disse...

Pois si, foi un erro da anterior entrada, que teño que corrixir ;-) O concerto é este sábado 3 de outubro no Centro Social O Guindastre de Teis, que queda alí abaixo, entre a superrotonda que leva ao tunel e a Bouzas e os Guindastres do Naval de Teis.

Mirámonos aló

Anónimo disse...

Olá gentalha,
Deixo pendurado o cartaz do concerto lisboeta, é amanhã, se apanham o carro os fãs ainda chegam a tempo.
http://img39.imageshack.us/i/screenshot123.png/

Anónimo disse...

UHMM, ficou pequeno, a ver se agora fica melhor...
Já sabem, copiar e colar, que não sei como é que se põe o link :(

http://img230.imageshack.us/i/screenshot123.png/