Pois aquí, sen carro, pequeno-dependente do esquizoide transporte público galego e duns colegas e familiares que me reaprenden o concepto da solidariedade (grazas, Emi de Taraghoña, meu pai e miña nai, Adolfo de Rianxo, miña irmá e Óscar, seu mozo, Nacho e Masha, Vilasó, Suso -Alvidrón- e Fernando -Ovella-, Pableras, X. Carlos e os taxistas aos que lles fixen algo máis levadeira a creba do sistema capitalista), aquí se despide O Leo de Arremecághona! ate ben entrada a Candeloria. Retirámonos aos cuarteis de inverno para ver de vos contar cousas novas neste ano impar que entra.
Mirámonos nos bares, coma sempre.
12.29.2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 comentários:
e por ke bares??
ke xa levo ben tempo sen verte...
:)
bo nadal!
Sem carro? q farías rapaz? so agardo que nom tiveras que colaborar no pago da extra dos benemeritos.
A menetérica (Chiquito forever) colleume a traición na festa do Boi de Allariz. Movín o carro só 2 km, do centro para o cámping. Alí estaban, nunha vía morta, 3 coches da picoleta apañando campistas. Un mes de retirada e 6 points.
boas festas
Mimá!!! Pobrinho..
Agardo que no 2009 se cumpran alghunhas (todas é muito pedir..) das túas ilusións :)
bocadillo de roskillas...
O soño de Homer Simpson... X-D
Ti nom ias descansar até q pasara a Candelaria,ou é q em Matama é outro dia diferente ao norte?
Mande? Descansar de Arremecághona, ho! Estás en todo, carallo...
Leo a túa chupa de coiro (que por certo pesa un quintal) xa está en Compostela! (non é sen tempo!)
Graciñas mil, Alvidrón. Que sería de min e das miñas correrías de San Froilán sen colegas coma vós! Aperta
Enviar um comentário