3.27.2006

Autocrítica Cachán

Aquí tamos outra ves, autocriticándonos. Hoxe dedicado a Suellen, que di que son demasiado autocrítico e "que mestará leyendo";-). O xoves-quinta toquei na Cachán cando Santiago estaba ao bordo do estado de excepción polo temporal. Así a todo alí se presentaron sobre 40 (datos do sindicato) ou 30 (datos da polisía) colegas e colegas de colegas que apoiaron este punki en tan asversas sircunstansias (o ese non é seseo é para reproducir o son ambiente: ághua).


A crítica
mariademallou, en senllos comentarios:

En casatlantica.blogspot.com
TXARI dijo...
pena de nom poder ir, mais jâ o vin en dous directos fortíssimoss!! quem poida que desfrute e vaia (ou viseversa)
2:53 PM
mariademallou dijo...
un conserto mui divertido....habíache ghustar!
1:36 PM

En haicu.blogspot.com
mariademallou dijo...
un consertaso, leo, quedamos encantados!!!!!
12:55 AM

A lista de temas
Suspiros de Kaña
intro
A maldiçión dos Ghusanitos
a vida é unha muiñeira
Kastrapo Paghuer!
Cançión do Vagho
Kero Aghobiarte
Koito Ergho Sum!
Maruxa
nin mú

Incidencias
Estreei un equipo de voces, pero vendéronme un cable que non era para conectar a mesa á caixa e tiven que atravesar Santiago baixo o dioivo ata a Nasa para traer ó Xurxo e que puxese a andar aquilo QUINCE MINUTOS ANTES (a saída cara á Nasa, non poñer a andar o choio).

A miña sensación
Os problemas técnicos (vid. supra) puxéronme ao bordo do infarto, houbo cuestións de ritmo que hai que pulir, condicionadas ás veces polo tema técnico, pero aínda saíron algunhas coñitas e foi divertido ao final. O público estivo inmenso. Respectuoso e entregado. Unha pasada de riquiños/as. Con mención especial ao bautizado por Candorca "Punset", responsable da metade das frases do espectáculo.

A próxima, ou no concerto pola lingua ou se cadra no Ambigú, este mes que entra, que andamos en neghosios.

Saúde i anarquía

5 comentários:

aibailavelaaivai disse...

O concerto un 10, pero sobraban o Punset e outra de diante que só facía rirse en alto para que souberamos que estaba alí. Respecto para o artistazo e menos afán de protagonismo para quen non o merece!. Dixen.

pintega disse...

Voulle ter que poñer o copyright aos meus comentarios, porque vexo que anda apropiándose deles ;-DDD
O de Punset díxeno eu e a que dei no cravo?

Pablo disse...

hosti, meu! q susto cando abrín isto, q non sei nin como cheguei, e vin o teu careto co clavelito na orella. Estou na Irlanda, así q non podo asistir ao teu espectáculo anarco-punki-existencialista, pero dou o meu apoio desde o outro lado das brétemas. Ben sabes q eu era incondicional nos tempos en q me era fisicamente posible ir!
Recluta da promocion da Guitarra no Fonseca... 97? 98?
En excendencia...
Saúdos

eue disse...

O do Punset é tan bo, que muito me temo que xa é popular, Píntega. ;-)

Mira no teu blog, Pablo, que che deixo recado.

Graciñas por dárdeslle vida a isto, aibailavelaivai e todos/as os que o ledes.

panxon calling disse...

panxon calling está creando un nuevo Blog llamado "quien tiene miedo?" que te invito a merodear y, "si tienes miedo", ayudar a construir