12.02.2008

Finde movida

O venres en Compostela, facendo de Labregos do Tempo dos Sputniks o García e mais eu n'O Garigolo aí á noitiña. O sábado presento a Festa pola Liberdade na NASA tocándolle algún que outro tema. Comeza ás 21:00. Hai que plantarlle cara á moderna Inquisición en que xa prometía converterse a Lei de Partidos. Domingo estreamos o Anxo Angueira e mais eu un espectáculo de música e poesía e animación á lectura: Na fronte unha estrela, no bico un cantar, unha viaxe poético musical, con escalas nos símbolos que constrúen Galicia. No cultur.gal da Coruña, ás 17:00 h, na área de animación á lectura.


Mirámonos

P.D.: O 22 de novembro estivemos na Revolta recitando coas Redes Escarlata. O 15 tocamos no novo Apolo (que mítico) de Compos o García e mais eu polas Radios Livres.

5 comentários:

albagal disse...

Fermosísima a estrela vermella da maré!

Graciñas por animarnos a festa o sábado na Revolta.

Collémoste cariño, sábelo ben ;)

saltimpunkita disse...

xa che digo, é unha puta inquisición. unha caza de bruxas. nin cajar tranquilos se pode niste mundo!

saltimpunkita disse...

que sepas que, hoxe, o concerto fágoo eu. bouche tocar unha canción que vas flipar

eue disse...

xa me tes intrigado coa canción esa. pa a semana sen falta ;-)

Gracias a vós por seguirdes adiante, paseino guai.

saltimpunkita disse...

pa a semana... serán dúas. xa che avisamos pro seguinte concerto. aburiños.