10.30.2006

Centro Social A Tiradoura 4 de novembro

Pois si, alí habemos estar a tocar. Un concerto que se cadra será xa presentación do novo disco. Xa falta pouco. A portada vaivos ser unha cousa así, pero moito máis sorprendente. A que xa pedides papas:


O da Tiradoura é en Cangas, sábado que vén, e digo eu que será aí pola noitiña, a partir das 22:30 ou así. Con todo, atentos á súa páxina: http://atiradoura.tk

Vémonos alá. Saúde e Anarquía.

5 comentários:

Anónimo disse...

vexo vigo, vexo canghas, tamén vexo o Leo e Arremecaghona

Lúa Neghra disse...

Pero que lindo! Axuste mellor o dengue, que aínda lle ha caer nun picado para atrás...

Mario disse...

Que bo, meu, superaste.

Anónimo disse...

Que hai Leo tío. Fai a ostia que non nos miramos pero alegrame moito mirar que non tes cambiado. En serio. A ver se pasas un día por Matamá e tomamoslle algo. Unha aperta

eue disse...

Claro que si, meu. ;-) A próxima fin de semana que vaia chámote. Unha aperta