Pois aló imos a
Boiro. A última vez que estivemos foi tocando para os adolescentes na carpa da Cultura Circula. Desta volta vaise dar un desdobramento individuo-familiar moi esquizoide: o Leio, irmán espurio do mantedor deste blog, que fai versións da canción de autor galego-portuguesa, vai ser o abreconcertos do punki que vos escribe. Cantará o Zeca, Voces Ceibes e, como non, Compañeiro Daniel, deste home que, en pezas coma a amentada, non lle ten nada que envexar a Woodie Guthrie ou Bob Dylan:
Coma sempre, pois, vémonos alí, nunhas xornadas e concertos pola memoria histórica.
Saúde i anarquía
Sem comentários:
Enviar um comentário