Esta fin de semana, Arremecághona fai sesión dupla. Sábado 26 á noite, aí polas 22:00, na chantadina Sala Mogay, xunto con Violentos de Kelly. O ano pasado, no Amedo Rock, tamén por estas datas, diante de 25 persoas fixemos un dos mellores concertos da nosa historia. Bo sabor de boca, logo.
E o día seguinte, domingo 27, O Leo i Arremecághona!!! toca na apertura das I Xornadas sobre Represion, Solidariedade e Resistencia Antifranquista na Raia Seca , ao mediodía, no Alto do Furriolo, entre Xinzo e Celanova. Nun xantar popular de homenaxe e lembranza dos fusilados e represaliados do réxime franquista.
Saúde i anarquía.
8.25.2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Espectacular, coma sempre.
O concerto na Mogay...im-presionante. Na túa liña...xD A verdade é que Chantada se che da ben... En breves Club de Fans D'o Leo!! Un saudo dun seguidor chantadino.
Pois si, Chantada évos un dos sitios en que me topo máis a ghusto para tocar. E en parte hai que llo aghradecer ao Álex, que nos tratou de película. Vémonos noutra
Estimadisimo señor Leo,foi unha pena non velo en terras ourensàns,o peor foi que estando eu tamen no alto Furriolo non tiven o pracer de encandilarme coas suas letras e os seus doces acordes de guitarra...debìn chegar tarde e marchar cedo.Saudos.
Vaia, ho. Non lle foi iso. O caso é que eu tamén cheguei tarde, que o de Chantada ao final acabou ás 5 da mañán. Realmente foi o xoves cando toquei en Celanova, só un tema de Arremecághona e unha versión d'O Lobo, de Celso Emilio e Suso Vaamonde. Pero polo visto hai proxectos de volvermos por aí en breve. Xa informaremos e graciñas polo interese
Pois sen dubida algunha,eu regan e mailo demo que teño no corpo estaremos encantados de velo en directo en terras de Curros,señor Leo.Espero que nos faga saber a data de actuación,agardando con paciencia.Regan.
O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.
Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.
www.sacou.blogspot.com
Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.
Saudos Leo!!
Enviar um comentário