4.24.2006

Adiada a do Ambigú até o 2 de xuño (venres)

Pois nada, meus e miñas. Que o concerto do Ambigú se adiou porque a noite antes (concerto de The Homens+Green Machine) a picoleta apareceu por alí, e como era o único concerto que fora acordado co mes xa empezado non foi tramitado a través da asociación de locais a que pertence o pub, e polo tanto non dispuña de licenza.
Así a todo, ben me vos gustaría que os azuis de Compos Street estivesen igual de atentos cando me desen o pau.
Saúde i anarquía, máis ca nunca.
E até o venres 2 de xuño, vémonos alí.

P.D.: Desculpade os/as que fostes ata alí. Souben do choio esa noite e non puiden avisar antes. Unha aperta para vós.

8 comentários:

Anónimo disse...

E digho eu, por Vigo quando tocas? Já sei que houvera um concerto haverá uns meses, mas eu tava na Corunha. Pensando-o bem, se para o 2 de Junho tou em Kompos, aponto-me.
Ivan

eue disse...

Ok. Vou estar en Oia, nun festival, o día 6 de maio. Aí á tardiña.
En Vigo teño apalabrada a Fábrica de Chocolate, pero vai ser para a presentación do disco novo: AGHOMITA CAMPIÓN!
Pero se andas por Kompos o 2, vente. Un saúdo

Anónimo disse...

O da Fábrica de Chocolate é tentador, se ando por aqui seguramente vaia. Ainda que também, escolheres um local onde as cervejas valem 3 €!!!

eue disse...

Xa... É que, claro, son colegas, e tal. Por iso me deixan tocar alí. E a peña que traen tamén está ben.
E se non hai subvención... Eu penso: discos ghratis, pero os concertos hai que paghalos, ou se non que nos reghalen as ghitarras. Un tema apaixonate, así a todo. Saúdos outra vez, e anímate ao de Oia, que é de balde!

Anónimo disse...

Não sei se nos estamos entendendo... Estou de acordo com pagar os concertos, de facto já tenho estado nalgum na Fábrica e não me pesou deixar os quartos na entrada. Além disso, se quero ir pagando vou e se não quero fico na casa. Eu do que falava era do preço das cervejas, que 3€ por uma estrelha parece-me algo de mais. Ainda que, já que vou, e se tenho quartos, tomo-lhe um par ou sete!!!

eue disse...

Tes toda a razón, 3 euros por unha birra é unha toleada. E Vigo é, para min, a cidade máis cara pa saír de noite. Eu, que son vigués, pouco saio de marcha por Vigo, e é polos prezos privativos, tamén.
Un saúdo, Ivan.

Anónimo disse...

Ben, e discusións aparte acerca da inflasión hosteleira, que nos pode adiantar O Leo aserca do novo disco... ¿continuará o consepto folflóriko? ¿haberá colaborasións doutros músicos, ou O Leo seguirá acaparando toda a atensión, o moi "ergho-séntrico"?;..
Aghora que o penso, so me falta preguntar cales son as tuas influensias pra que isto paresa unha entrevista no dominical do ABS

Esiximos informasión. AGHOMITAla, CAMPIÓN

eue disse...

Aghomito, aghomito:
Non vou acaparar toda a atensión, porque penso gravar con máis peña: djs, grupos punkis e, se hai sorte, bandas de música. Claro que a diva vou seguir sendo eu X-DDD
Vai ser o finiquito do concepto folclórico, volvendo, dighamos, ás raíces...
Finiquito, porque despois deste vén outro concepto distinto, noutro disco con temas todos novos, que en ves de folclórico vai ser tamén popular, pero da rúa, e en ves de meternos con España imos ir a por todas e meternos directamente co capital e o seu máximo símbolo... Pero para iso inda faltan uns meses.
Unha aperta, Pipo.