Datas frescas:
Mirámonos aló. Saúde!
8.08.2013
6.19.2013
xira arremecághona_ostiá! xira '13/'14
arremecághona's produçións volve facer a 13/14 dacabalo destes dous annus horribilis. Rocanrol comprometido e asilvestrado, de barricada e silveira, sobre acochos no monte e amores de cans/cadelas de palleiro.
Rocanrol baixo sospeita. Un arsenal de ideas e ferralla, con referentes de aquí e do lumpen, a chatarra mental dos que non dan saído do lixo. Un alixo de lixo contra os incautos que pretendan incautalo.
Acompañado do Tomás Ageitos á batería ou só co tambor-lavadora ante o perigo, o nervio e a neurona esvaradía e o mojo descontra a morte son máis ca nunca.
As letras, coa única puntuación dos transportistas aos que lles calla o cemento no camión cisterna, bravas.
Con doraemon, as riot grrrls, o galiñeiro dos goma2, rosalía, chuck berry, suso vaamonde, bo diddley, anarkiro, corina porro, os ramóns, joe estrume, i wanna (a iguana), os sonics, a contraminacción, hasil adkins, o hevi sector do metal... metidos nun saco paco.
Mexan por nós / e temos que dicir que "es una lluvia dorada"!
na terra,
mes de san xoán de '13/'14
o leo

6.09.2012
A Xira d'O Cantautor-Bomba '12. Aberta a contratación e datas xa collidas
Chegou o 40 de maio e con el a xira de verán de Arremecághona's Produçións. O slogan deste estío vai ser:
Declaracións d'O Cantautor-Bomba, a última encarnación d'O Leo i Arremecághona!, reunión del e do resto da familia Arremecághona, O Leo de Matamá, A Reme Cághona, O En-Riquinho, O Leíño, Arremecághona 2.0 e o supradito. Tocan por sete e comen, dormen e viaxan por un/ha. E é que é difícil, por non dicir imposible, convencer a determinadas Admóns. e demais institucións de que contraten un cantautor-bomba, polo cal Arremecághona's Produçións non descarta a opción de tomalas carghados/as de amplis até os dentes ao berro de "isto é un secuestro" de xeito completamente ghratuíto.
Para todos os demais (centros sociais, festivais destemidos, ghalpóns festeiros e comunións satánicas),
o cantautor-bomba sae barato porque lle é imposíble venderse
Velaquí vos van as datas confirmadas (sen contar as inopinadas):
xuño
sábado 9, auditorio Lois Tobío de Gondomar, 20 h, Solidariedade Todxs co Sáhara!
venres 15, inauguración do Fuscalho, novo Centro Social d'A Velha na Horta da Guarda
luns 18, intervención cxs Labregxs do Tempo dos Sputniks no instituto de Celanova, á tarde
venres 22, gravación-concerto na casa do 3.º disco d'O leo i arremecághona, que se publicará instantaneamente e se transmitirá en streaming e acusticamente poderá seguirse na praza de Santo Agostiño de Compostela
martes 26, coa banda Fura-Fura e García Mc no festival Terra da Fraternidade de Ourense
venres 29, Festas de San Pedro, Compostela
venres 29, Festas de San Pedro, Compostela
sábado 30, 18 h, inauguración das Termas de Berán (Leiro), antigo Balneario de Berán (entre O Carballiño e Ribadavia)
sábado 30, pub Comic, Lugo, 22 h
xullo
venres 6, Festival Música na Noite, Calo (Teo)
venres 13, co monologuista Raúl Piñeiro, Sala Clan, Xinzo de Limia
venres 19, Festa da Patria, Lugo
venres 20, Festival das Revenidas, Vilaxoán
sábado 21, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, festival de Begonte (Lugo)
venres 20, Festival das Revenidas, Vilaxoán
sábado 21, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, festival de Begonte (Lugo)
sábado 28, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, festival de Meira (Lugo)
agosto
domingo 12, 3 da tarde (xusto antes de Manolo Kabezabolo) Festival Brincadeira de Cambre
venres 17, Día da Galiza Mártir, C.S. A Revira, Pontevedra
venres 17, Día da Galiza Mártir, Café Auriense, Adiante, Ourense
sábado 18, Festival Sorpresa que xa se pode desvelar: Festa Folc de Vilariño!
domingo 19, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, Festival do Incio, Lugo
venres 24, Festival Armadinha, Combarro
martes 28, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, Marrucho, Baiona
setembro
venres 7, Noite da Furna, Corme
sábado 8, Balneario de Leiro, Ourense
sábado 29, Festival das Brétemas, Ponteareas
outubro
xoves 11, (eu) Son de Trazo
Mirámonos aló. Saúde!
7.22.2011
Xira Os nenos sen País '11
xullo
sábado 9, Festa Nacionalista do Baixo Miño, Alameda de Ghoián
venres 15, Festival das Revenidas de Vilaxoán, Labregos do Tempo dos Sputniks
sábado 16, As Revenidas, Arremecághona`s Produçións
xoves 21, praza da Oliveira, Compostela, Das Kapital
venres 22, pub Alma, Vigo, 22 h, Arremecaghona's Produçións
domingo 24, festival de AMI, 17 h, Porta do Camiño, Compostela, Arremecaghona's
luns 25, manifestación de Causa Galiza, praza do Toural, o Leo e o Vero
sábado 30, Festival Antros Pinos, Taraghoña, Rianxo, Arremecaghona's
agosto
xoves 4, Festival Son de Vigo, xunto con Alféizar, Arremecághona's
venres 5, Boulevard Lounge, Fisterra, 23.00 h, Arremecághona's
sábado 6, Festa dos Botes de Arzúa, pregón e concerto de Arremecághona's Produçións
xoves 11 e venres 12, Festas de Monforte, Ondas Martenot
domingo 14, Navia de Suarna, Labregos e Ondas Martenot
venres 26, Festival dos Abrazos, Zona C, Das Kapital
setembro
venres 23, Festivalo, Manselle (Dodro)
8.18.2010
7.07.2010
Xira Pompis '10
Arremecághona's Produçións recupera o blog para dar conta da supercalifraxilísticoespialidosa xira de verán que arrincou o sábado pasado no Mesturasóns da Bóla. Dous meses de rock'n'roll e personalidade múltipla, tan esquizoide coma o país en que vivimos. Logo de se vestir de folclórica española na era Fraga. De cambiar para folclórica galega na experiencia bipartita. E írselle a pinza definitivamente co tropezo Feijóo, a produtora improdutiva ponse didáctica: Rosalía de Castro meets Mary Poppins. Velaquí as datas:
Xullo
Sábado 3, Mesturasóns, a Bóla
Sábado 10, Campañó, Pontevedra
Domingo 11, Café Brisas, Punta Batuda, Portosín
Venres 16, Festival Nacionalista de Arcade, Porto de Arkade
Sábado 17, Festival das Revenidas, Vilaxoán, Vilagarcía
Sábado 17, Festival de Homenaxe a Suso Vaamonde, Chapela
Xoves 22, Roi Xordo, Allariz
Venres 23, Marín, Centro Social Almuinha
Sábado 24, Festival de Lalín
Domingo 25, Festival de Causa Galiza, Belvís, Compostela [Labregos do Tempo dos Sputniks]
Venres 30, Anchoas, Paseo do Malecón, Monforte
Sábado 31, Centro Social Okupado Autoxestionado do Salgueirón, Massó, Cangas
Agosto
Sábado 7, Fábrica de Chocolate, Vigo, Animais sen Fronteiras
Venres 13, Festival de Meira, Meira (Lugo)
Sábado 14, Festa da CUT, Carballeira de san Amaro, Cangas [Labregos do Tempo dos Sputniks]
Mércores 18, Festival de Vilariño, Cangas
Venres 27, Festidoiro, Cuntis
Sábado 28, Noite da Lúa Meiga, O Viso, Redondela
Velaquí as datas xa confirmadas, fican outras no aire que iremos acrecentando.
Saúde!

3.26.2010
Subscrever:
Mensagens (Atom)