6.09.2012

A Xira d'O Cantautor-Bomba '12. Aberta a contratación e datas xa collidas

Chegou o 40 de maio e con el a xira de verán de Arremecághona's Produçións. O slogan deste estío vai ser:

"Salo barato porque non me podo vender"

Declaracións d'O Cantautor-Bomba, a última encarnación d'O Leo i Arremecághona!, reunión del e do resto da familia Arremecághona, O Leo de Matamá, A Reme Cághona, O En-Riquinho, O Leíño, Arremecághona 2.0 e o supradito. Tocan por sete e comen, dormen e viaxan por un/ha. E é que é difícil, por non dicir imposible, convencer a determinadas Admóns. e demais institucións de que contraten un cantautor-bomba, polo cal Arremecághona's Produçións non descarta a opción de tomalas carghados/as de amplis até os dentes ao berro de "isto é un secuestro" de xeito completamente ghratuíto.

Para todos os demais (centros sociais, festivais destemidos, ghalpóns festeiros e comunións satánicas),

o cantautor-bomba sae barato porque lle é imposíble venderse

Velaquí vos van as datas confirmadas (sen contar as inopinadas):

xuño
sábado 9, auditorio Lois Tobío de Gondomar, 20 h, Solidariedade Todxs co Sáhara!
venres 15, inauguración do Fuscalho, novo Centro Social d'A Velha na Horta da Guarda
luns 18, intervención cxs Labregxs do Tempo dos Sputniks no instituto de Celanova, á tarde
venres 22, gravación-concerto na casa do 3.º disco d'O leo i arremecághona, que se publicará instantaneamente e se transmitirá en streaming e acusticamente poderá seguirse na praza de Santo Agostiño de Compostela
martes 26, coa banda Fura-Fura e García Mc no festival Terra da Fraternidade de Ourense
venres 29, Festas de San Pedro, Compostela
sábado 30, 18 h, inauguración das Termas de Berán (Leiro), antigo Balneario de Berán (entre O Carballiño e Ribadavia)
sábado 30, pub Comic, Lugo, 22 h

xullo
venres 6, Festival Música na Noite, Calo (Teo)
venres 13, co monologuista Raúl Piñeiro, Sala Clan, Xinzo de Limia
venres 19, Festa da Patria, Lugo
venres 20, Festival das Revenidas, Vilaxoán
sábado 21, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, festival de Begonte (Lugo)
sábado 28, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, festival de Meira (Lugo)

agosto
domingo 12, 3 da tarde (xusto antes de Manolo Kabezabolo) Festival Brincadeira de Cambre
venres 17, Día da Galiza Mártir, C.S. A Revira, Pontevedra
venres 17, Día da Galiza Mártir, Café Auriense, Adiante, Ourense
sábado 18, Festival Sorpresa que xa se pode desvelar: Festa Folc de Vilariño!
domingo 19, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, Festival do Incio, Lugo
venres 24, Festival Armadinha, Combarro
martes 28, Labreg*s do Tempo dos Sputniks, Marrucho, Baiona

setembro
venres 7, Noite da Furna, Corme
sábado 8, Balneario de Leiro, Ourense
sábado 29, Festival das Brétemas, Ponteareas

outubro
xoves 11, (eu) Son de Trazo



Mirámonos aló. Saúde!

2 comentários:

daniel lopez garcia disse...

Poderiasme decir a que hora e onde e a actuacion do dia decenove en lugo.Graciñas.

Anónimo disse...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... reporte gratis en colombia - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile