Venres 2 de maio, en Ribadavia, no Amalgama, aí ás 00:00 h, ou sexa, 12 da noite porque antes está de "telonero" Javier Krahe... ;-) E o sábado, Tui, no Café Teatro, ao ladiño da catedral. De alí vén o meu ADN de xudeu converso, das extintas xuderías de Tui. Algo me pasa pola médula arriba cando vexo o río á noite dende os miradores de pedra.
Nin tempo tiven de poñelo aquí, pero onte estiven co irmán García nas Xornadas Estatais de PreS.O.S. na Casa encantada, e antes estiven en Vigo dúas veces seguidas, xoves e venres da semana pasada, na Festa da Facultade de Filoloxía e logo na Revolta (nos vivimos na Revolta!). O sábado despedín ese meu piso arousán, na Illa, cun concerto no Con do Moucho que me confirmou que a xente da Illa é do melloriño que se pode topar por Galicia adiante.
Mirámonos
5.02.2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
E sigo cruzando os dedos..., que xa estivo a punto de non ser, pero parece que a cousa vai ao rego.
Ti si que es do melloriño da Galiza, meu rei, que sempre teñas máis concertos dos que eu poida ir ver. A illa, metáfora do mundo!!!!
Pois seica tampouco puido ser, Sun ;-) A ver se cadramos cedo, logo. Ando por Vigo dentro de dúas semanas.
O Mario, que me poño colorada cando me miras, parece mintira ;-) Mirámonos
Enviar um comentário