Fixemos balance de 2008 e confirmouse algo que o meu lombo xa sospeitaba: foron por volta de 50 bolos, cuchipanda arriba ou cuchipanda abaixo, os que nos levaron por Galiza en 2007, ano e números máxicos.
Abriuse 2008 con varios concertos, entre eles o deste sábado pasado en Allariz, que foi tan estimulante e emotivo para min coma os outros dous que aconteceron nesa Terra así, con maiúscula. As dúas horas de engadido a ras do chan, cando xa todo rematara, a revisarmos entre todas e todos clásicos imprescindibles de noso, inesquecibles para min. Tamén estivo A Coruña, con algúns dos 120 capadores, festa rachada e brava. A Sala Breogain con Skacha, A Gentalha do Pichel, nun dos concertos máis íntimos e riquiños que recordo, coa xente, moitos amigos, poñéndolle oído a cada sílaba. E, como non, Coimbra, Jose Mário, Miro, JP... A gana de emprender a aventura de falar semellante para os iguais, alén do río-arteria.
E o que nos queda...
Marzal
Venres 7: Festa de feche de campaña de Galiza Nova-O Ribeiro, Ribadavia
Xoves 13: Facultade de Informática do Campus de Elviña, A Coruña, 22:00 h
Venres 28: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Centro Social A Revolta, Vigo, 21:00 h
Abril
Venres 4: Festa anual do Cineclube de Compostela, A Gentalha do Pichel, Compostela
Sábado 5: Sala Mogay, Chantada
Venres 18: Espectáculo multimerda para presentar Hai cu, Semana de Poesía, Ferrol, 13:00
Sábado 19: Jam Session poética, Semana de Poesía, Ferrol
Venres 25: Centro Social A Revolta, Vigo
Sábado 26: O Con do Moucho, A Illa de Arousa
Maio
Sábado 3: Café Teatro, Tui
Xuño
Venres 13: Salón Parrokial, Ponteareas
Venres 20: O Muíño, Cervo
Mirámonos alá
3.06.2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
yupiiiiiiiiiii!!!!
Leo!!!
Que ganas de voltar a verte en directo, aínda que olvidaches un pouco o Val Miñor... Se voltas aquí eu quedo a pe de ti e así hei quedar ate a fin, iso sí cantando ata quedar sen voz
Un saudo
adiante, sen tregua!!
Alégrome de que a túa carreira musical siga en vento en popa. Xa nos avisarás cando veñas á indómita comarca do Morraso. Un saudiño.
MOLASCOMAREA!!! TODO XUNTO E SEN ASENTOS PORQUE ME PETA DA JANA.
Enviar um comentário