2.11.2008

Coimbra. Vigo. Compostela

Xoves 14 fago en Coimbra o que probablemente sexa o concerto máis importante da miña vida. No palco estarán JP Simões, figura da canción de autor portuguesa actual, Miro Casabella, pioneiro de voces ceibes, con algún dos textos máis retranqueiros da nova canción galega, e o grandísimo José Mario Branco, responsábel da produción do primeiro disco de Miro e, nada máis e nada menos, de Cantigas do Maio, do Zeca Afonso, así como cantor fundamental do 25 de abril pola súa vez. Obrigado á Plataforma Galiza-Coimbra por contar comigo outra vez e para algo así. Non son merecente, dende logo.


Venres 15, na Sala Breogain, en Vigo, nos Estudios Area Master, con Skacha.

Sábado 16, na Gentalha do Pichel, en Compostela.

Mirámonos alá

6 comentários:

Turzi disse...

Ola Leo! Moita sorte en Coimbra. O que pagaría por estar alá. En fin... Quanta saudade!!!
Si que mereces estar cos grandes, pois ti es un deles!
Pásao ben (e a ver se nos vemos en Galiza para a próxima semana).
Sentidiño ;-)
Beixos e apertas dende Tübingen (a Coimbra alemá).
p.s. Lembrando un dos maiores fados de Coimbra:

"Oh Coimbra do Mondego
e dos amores que eu lá tive [bis]
quem te não viu anda cego
quem te não ama não vive
quem te não viu anda cego
quem te não ama não vive.

Do Choupal até à Lapa
foi Coimbra meus amores [bis]
à sombra da minha capa
deu no chão abriu em flores. [bis]"

Sun Iou Miou disse...

Não vais esquecer o meu recado! (`_^)

Antuán disse...

Si oh!!! Agora vas-me dizer ti o que programo ou nom!!!!!!!

Como viche, o espectáculo foi simplesmente genial. Uma noite mágica para o público e os artistas.

(Aproveito para lembrar-te que o José Mário Branco acompanhou-te no ritmo quando ti cantache "Enquanto há força") (de nada).

Apertas meu!!!!

Anónimo disse...

Seghuro que o de Coimbra foi un exitazo. Con dicirche que o ano pasado sen ir máis lonxe o Tarrío quedou fascinado cando lin un anaco da "Maldiçión dos ghusanitos". Era unha exposición sobre o dadaísmo e pediume de favor que lera a canción inteira. Así como cho conto e aí onde o ves.
Ás veces, é milhor calar...
Saúde.

eue disse...

Hahaha!

O que non sabe, ou non lle acorda, a Tarrío é que tivo un ostiazo coa súa furgalla contra un servidor, que na altura traballaba de repartidor do Telepizza.

A vida é a arte dos encontros...

X-DDD

Anónimo disse...

Lástima que non furrulara internés nas nosas estupendas aulas de filoloxía....que sinón ala ía o videoclis!!!!!!!!!moito rimos...