12.11.2007

Imos ao estranxeiro: Tubinga

6 comentários:

Anónimo disse...

... e o de Matamanhe tomou a praza do concello... ehem, ben, desde o pub que hai xustiño na esquina, porque entre o frío e o mercado de nadal, non era cuestión de deixalo alí convertido en papanoel punky vestido de "ghallegha". Aínda que ben mirado, o papanoel tamén vai de vermello.

Lúa Neghra disse...

Seguro que a de Comesaña tomou o Brechtbau, tamén ;) Que envexa me dades... Para outra, eu tamén navegar!

Anónimo disse...

lúa neghra, o Brechtbau era doado de tomar e deixouse querer, porque os colegas J.H. e A.R. teñen ben labrada aquela leira. Pero se che cadra, que o Leo che conte aquel escenario que atopamos nunha torre partida pola metade no castelo de framboesa de Heildelberg, que en vez de esfarelarse escorregou polo foxo abaixo. Miramos ben para os buracos e pensamos que quedaría un concerto grandioso. Mágoa do frío de arremec...

Anónimo disse...

e como se sinte un levando o ghalisian punk ao estranxeiro?

alomenos deixaraste caer por compostela nos próximos días para felicitar as festas copa en man!!!
:)

Anónimo disse...

Pois aínda me estou recuperando, que a festa foi moita didiós. Os alemáns seica gostaron, porque aplaudían, e o traxe de faralaes causa un impacto bastante universal.

O de Heilderberg na torre xa sería a hostia, helena ;-)

Un dez alto para o Aitor Rivas.

Por suposto, este ano que teño vacances que trema Compostela!

Turzi disse...

ENOOOOOOOOORMES!!!
en Tübingen aínda se fala de vós e botámosvos moito de menos.
apertas fondas dende o frío (-5C) sen a vosa compaña...
mirámonos en compostela ou en vigho, que seica aínda hai Mar.
(das Meer, das Meer!)
...nur die Augen von Maria!