11.30.2007

Sábado 2, xornada dupla: Cangas, Noia

Ás 7 da tarde, no Ambigú de Cangas toca o meu irmán espurio, o Leo de Matamá, logo imos (eu vou con el) para Noia, ao Magosto de Galiza Nova, que seica arrinca aí ás 22:30.

Mirámonos alá

4 comentários:

albagal disse...

Que grande es Leo! Como dis no Haicu se non quedamos preñadas , que ben o pasamos!

A xente que nunca te vira ficou abraiada coa túa actuación no Ambigú.

Por certo, se non colliches o recorte do Faro de Vigo onde poñía que eras un ex membro dos Resentidos, escanéocho e mándocho, que o teño na casiña.

Un bico e graciñas pola dedicatoria fermosa do grande Heriberto…

eue disse...

Si, si! Escanéamo, plis, que ao final esqueceume pillalo.

Unha aperta, moza, e graciñas por vir ;-)

Anónimo disse...

como xa dixera algunha q outra noite,q poida q non recordes por mor dos efectos da noite compostelá, es unha innovación constante!

gran actuación a de Cangas, q tiven q saír a correr e non cho puiden dicir!

eue disse...

Graciñas, esencia ;-)