7.03.2007

Festa contra a propiedade intelectual

Ao Cineclube de Compostela metéronlle unha multa de 250 € por exhibir gratis un filme co consentimento do seu autor. O produtor responsable da denuncia, Pablo Llorca, cuxo nome merece ser tatuado con letras de merda xunta o de Ramoncín ou o de Teddy Bautista no sumidoiro máis inmundo, aínda enriba de non amosar un filme gañador de varios certames documentais, entre eles o Doc Lisboa do ano pasado, vailles ao lombo ás iniciativas asociativas que se destreven a facelo.


Para pagar a débeda divertíndonos, que é o máis lles pode foder, combinamos esta sexta-venres no local da Gentalha do Pichel, rúa de Santa Clara, 21, a partir das 19:00 h.

Mirámonos alá

1 comentário:

albagal disse...

Menuda noite!
Concerto moi grande, bailando, bebendo, rememorando aos clásicos...
Vivan o Cineclube e os grupos que tocaron!

O mellor de todo foi a manifa espontáneas as 3 da mañá sobre as rúas de Compostela."Piratas somos, piratas seremos, por españolas ou pola SGAE nunca pasaremos"