3.20.2007

Bar Patos e Cineclube de Compostela

Semana movida esta. Imos do Bar Patos, en Nigrán, co espectáculo antigo, Suspiros de Kaña, (venres-sexta feira 23 aí ás 23:30) ao local da Gentalha do Pichel de Compostela, en San Roque fronte ao Convento de Santa Clara, coa Xira e Aghomita!, no cacho festón do VI aniversario dese Cineclube en que botamos os mércores-cortas feiras á noitiña mirando pelis que doutro xeito nunca soñariamos. Este último é o sábado: ás 21:30, peli de Jonathan Demme, Stop Making Sense; e ás 23:00, priva, sexo e rock and roll salvaxe con Ataque Escampe e connosco.


Mirámonos alá.

4 comentários:

Anónimo disse...

De libro, foi de libro.

Ghrupie de Punkxón disse...

O venres en Patos... xa me contaron... Queremos máis datas no Val Miñor!!!!! Queremos máis vaghos, máis paghuer, máis koitos cos seus suspiros, queremos máis, máis, máis, máis, máis. maaaaaaaaaaaaaaaaais...

Anónimo disse...

oe, a que hora é que tocas hoxe no avante?

eue disse...

Ás 23:00. Xa o posteo agora