1.10.2007

Arremecághona's Produçións presenta a: "Xira E Aghomita!"

Pois si, meus e miñas, imos presentar por Galiza adiante os dous traballos que están a piques de saír, Sigho (Vivo)! (DVD) e Aghomita, campión! (CD).

Xa chegou a Xira E Aghomita!



XIRA E AGHOMITA!

Febreiro
Sábado 3, El Escarabajo (A Guarda), con Ataque Escampe
Sábado 10, Marrucho (Baiona)
Venres 16, CEIP de Navia (Navia de Suarna)
Venres 16, A Esmorga (Boiro)
Domingo 18, Centro Social de Foz (Foz)

Marzo
Xoves 1, Malas Pécoras (Santiago de Compostela)
Venres 23, Bar Patos (PunkXón-Nigrán)
Sábado 24, Festa do Cineclube de Compostela, A Gentalha do Pichel (Compostela)
Xoves 29, Pub d'Antón (A Laracha)
Sábado 31, Pub Gatos (Melide)

Abril
Sábado 21, Antano (Outes)
Sábado 28, A Fragua (Redondela)

Maio
Sábado 5, República Baco (Coimbra, Portugal)
Venres 11, C. S. Faísca (Vigo)
Sábado 12, Casino de Maniños (Fene)
Mércores 16, véspera das Letas, Baranda (O Barco de Valdeorras)
Sábado 19, Rañolas (Gondomar)
Xoves 24, Instituto Santa Irene, feche de campaña da FPG (Vigo)
Xoves 31, Miúdo (Compostela)

Xuño
Xoves 7, Clavicémbalo (Lugo)
Xoves 14, A Fábrica de Chocolate (Vigo)
Sábado 30, Clandestino (Nigrán)

Outubro
Sábado 6, Jazz Vides (A Coruña)
Sábado 13, Auriense Café Concerto (Ourense)
Venres 19, Barriga Verde (Lalín)

Novembro
Xoves 1, Casa d'Arriba (Vigo)

Estas polo de agora, de aquí alá iremos actualizando a lista, que poderedes consultar na barra da esquerda, en Descargas, baixo o título Datas da Xira E Aghomita! Tamén iremos informando enriba do día, como facemos sempre.

Mirámonos alí

12 comentários:

Depósito disse...

A pena é que de momento a xira non inclúa Compostela ;-(

eue disse...

Inclúe, inclúe, pero aínda non hai data. Está apalabrado un no Malas e outro na festa do Cineclube, na Gentalha.

pau disse...

sNom inclue Ponte Vedra :( aqui também queremos ver ao Leo

eue disse...

Pois si, en PO ía volver polo Xolda, pero agora xa non fai concertos. A ver se amaño con algunha das salas, que inda hai varias. Un saúdo

Konselleiro disse...

O que descobre ún en interné... íache dicir que vinheras por noia pero pra que morras de noxo conformome con compostela Por certo a páxina dos videos non vai... Eu vinche no youtube

Anónimo disse...

Ghroupies de PANKXON:

a ver cando volver tocar polas nosas cercanias do val miñor, q xa temos ghanas.
gondomar, patos, ramallosa, baiona...

bikos

Paula disse...

Desde Ghoián, a ver cando volves, que desde as Fiastas xa choveu...

Mugardès disse...

¿Que tal te foi coas alemañas?...haber se che volvemos a ver polas terras de Ferrol,que debes estar ocupadisimo xa que nos temos que enterar dos bolos por outras paxinas.Veña campion,que non falte traballo¡¡¡

Mugardés disse...

19-xaneiro-2008-sábado.No poligono de Elviña(Corunha).Xa que non vexo actualizado esta actuación,bola digo eu para que non vola perdades.Actuará O leo,xunto con Lamatumbá,Ruxe Ruxe,Ultraqáns,e mais un Dj.Vémonosss

Maria disse...

Non sei se te acordaras de min. Son Maria, de Lugo! Boa festa a que se montou no Morrovisión, ainda que bueno, tes que volver por Lugo, xa vin o 7 de xuño, (mal... datas de exames)!!!pero bueno, intentarase que sexa mellor que o anterior. Veremonos antes por compostela.

Un bico

Anónimo disse...

o sábado en allariz flipei.
eu de maior quero ser coma ti!
es o leite.
veña...volve pronto por ourense!

Toninho disse...

Vin o espectaculo as duas veces que estivestes en allariz no Roi Xordo e no festival Maradentro como diria o papon de bisbal increibel!!! seghide asin!! anarkopunk galego!!!