2.19.2006

Manías de punki

Por pedimento da Lúa, posteo as miñas manías de punki, é dicir, as que teño relacionadas co feito de tocar:

1. O último que poño antes de saír á escena é a rosa na orella esquerda.
2. Nunca afino a guitarra con afinador (nótase, non si?)
3. Fago, como muito, un set de 12 temas, só por non ter que chegar aos 13.
4. Pinto os beizos tamén xusto antes de saír, cousa que me suxeriu tamén a Lúa.
5. Levo un palé de obra no maleteiro porque sempre preciso un escenario, así sexa cutre, por non tocar a ras do chan.

E misión cumprida, hai máis pero aghora non me vos acordan.

Saúde.

2 comentários:

Anónimo disse...

A mim pareseu-me um cravo o que portas na AURICULA. Deverias afeitarte um algho porque ofereses un aspeto muito varonil, coma o Varón Dandy, versom thirtaneiller.

Lúa Neghra disse...

Collemos un ramo deles no todo a cen de Concheiros antes da última actuación (onde tamén vin o lapis dos beizos vermello folclórica e non o puiden evitar...) Non tiñan rosas... Pero até lle dá un aquel revolucionario, unha chiscadela ao 25 de abril... A barba eu penso que é parte do atrezzo.