9.22.2009

Boas tardes, Coristanco!

Aquí vos deixo unha foto vosa (e do En-Riquinho) que tirou o Álex Bragaña no Reperkusión de Allariz.


Mirámonos!

9.17.2009

Setembro-Outubro-Novembro e Barricada de Pupitres

Ale, que xa acabou o verán, que xa me entra a chuvia pola caluga, que mecaghoindiola xa e que aí vos van as datas confirmadas para este trimestre:

Setembro
Sábado 19, Reperkusión, praia de Acearrica (Allariz), 18:00 h, de balde
Venres 25, A Taberna (Cerceda)
Sábado 26, Festival contra o porto deportivo en Massó (Cangas)

Outubro
Xoves 1, Universidade de Lisboa
Venres 2, presentación da nova grella da Radio Kalimera, Sala Nasa (Compostela)
Sábado 3, Xornadas de Cultura Libre, C. S. O Guindastre (Teis-Vigo)
Venres 9, Sala Tentación, Festival de Teatro de Carballo (Carballo)
Sábado 10, C. S. Gomes Gaioso (A Cruña)
Sábado 24, Castañazo (Maceda)

Novembro
Sábado 7, Val do Dubra (Bembibre)
Sábado 28, Moaña

E, como demostra este gráfico, estamos preparando a xira xuvenil Barricada de Pupitres, aberta a contratación para institutos a través de arremecaghona@gmail.com, o tlf. 605 23 68 46, Facebook e Myspace. Dálle a brasa ao/á teu/túa profe de Galego e/ou nacionalista/anarquista para que nos leve a tocar ao teu instituto!

Mirámonos aló