6.18.2007

Cacharela da Casa Encantada e Apologhit

Pois tocamos na cacharela da Casa Encantada, que é no alto da Almáciga, Compostela, fronte ao colexio Santiago Apóstolo. Tamén estarán os Ataque Escampe. O San Xoán é a miña festa favorita do ano, xunto cos magostos, así que a dalo todo. Imos estrear ademais un par de cancións novas, unha versión e unha orixinal moi destroyer de dios.


E tamén nos embarcamos en Apologhit, desta volta con Bilingüismo harmónico, a revisión dos Clash que nos gravou o Eladio, que tamén lle mete un órgano ao tramo final da peza.

Os Puta Miseria dixeron cando se separaron (hai testemuño audiovisual disto no disco en directo DVD do concerto-despedida que van presentar en breve) que só habían volver xuntarse para tocar no Luar... Pois vaia putada lles fixen, que inda vai ser verdá!

E votar por nós, que queremos ir a Cuba coa Bugallo!

9 comentários:

TXARI disse...

impresionante a forssa da cansión, conta co meu voto, e vai mercando ghuayabera!!

eue disse...

Graciñas, Txari!

Gustaranlle os mojitos á Bugallo?

Anónimo disse...

Lastima que este verán quede en Compostela meu, porque senón desta si que ías a Cuba. O meu método de voto continuo é maravilloso!.

eue disse...

Non te preocupes, meu. ;-)

Anda a peña a darlle ás cookies seguido e hai cada cristo montado no foro que nin che conto. Como se nota que este ano dan unha viaxe. Usan o das cookies para votar contra os outros grupos! Hai peña roldando os 5.000 votos. Unha toleada.

Unha aperta, a ver se nos vemos máis.

Anónimo disse...

oito días. So oito días e Leo volve a estar preto de Punkxón. Os ghrupies chegaremos en bou río Miñor arriba uniformados e coa gorxa preparada. oito días, so oito días...

Unknown disse...

Hahaha!

Sodes do que non hai.

Anuncio algúns temas novos, por certo, tanto para a cacharela coma para PunkXón (vale, vale, na Ramallosa...). E no Clandestino igual hai algunha outra sorpresa...

O que máis me mola de vós é que me obrigades a renovar o repertorio ;-)

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Moi bó hoxe o voso acompañamento a Anxo Angueira. A versión de Batallán (creo) extraordinaria. Noraboa.

Anónimo disse...

Moi dylaniana, gustoume esa rima sorrow/tomorrow dos blues espallados por todo o poema de Anxo Angueira. Teño que recoñecer que era a música que eu entreoía ao ler o texto. Decía Ferrín ao final que faltoulle facer rap, nalgunhas partes do poema. O que lle faltaba ao Mighty Angel, probe. En fin, que quedei encantado.
E por suposto o meu voto (tamén dylanián) polo bilingüismo harmónico do apologhit. Recoméndolle os dous últimos posts de dylangz.blogaliza.org.
E, por favor, unha saúda ao seu colega de esceario, cuxo nome non fun quen de entender.

eue disse...

;-)

Moitas grazas.
O meu compañeiro na "angueira" musical foiche o Aser Álvarez, arraiano de prol.
Coñezo e visito acotío a páxina dos dilanianos de gz, dende que apareceu. Eu inclúome aí, pero só até 'Slow train coming'.
É curioso, Hey, hey, Vigo, de Siniestro foi o primeiro son que me veu á cabeza cando o Anxo me dixo de lle pór banda sonora ao poema.
O Anxo é incrible, un recitador nato, desa caste de poetas do tronco homérico.